Volver ao contido

PO CTE Interrexional Europa 2014-2020

 

O INTERREG EUROPA, que é continuación do PO INTERREG IVC 2007-2013, apoia iniciativas de cooperación entre as rexións dos Estados membros da UE e de Noruega e Suíza para mellorar a efectividade das súas políticas e programas relacionados coa Estratexia Europa 2020, que busca lograr un crecemento intelixente, sustentable  e integrador para todo o espazo comunitario.

 

O obxectivo do programa é facilitar a capitalización de actuacións que constitúan boas prácticas dos socios participantes, principalmente das administracións públicas, para fortalecer as políticas rexionais e compartir e apoiar o intercambio de experiencias entre rexións para un maior beneficio dos cidadáns.

 

O PO de CTE INTERREG EUROPA 2014-2020 está estruturado en 5 Eixos, incluído o de Asistencia Técnica:

  1. A  investigación e a innovación.
  2. A  competitividade das PEME.
  3. Economía baixa en carbono.
  4. A eficiencia dos recursos  e o medio ambiente.
  5. Asistencia Técnica.

O investimento total previsto para o programa  ascende a 426.309.618 €. A axuda FEDER supón 359.326.320 €. (84,29% do total do custo), mentres que a achega privada representa o 1,35% e o resto achegarao a cofinanciación pública (14,36%). As porcentaxes de cofinanciación son do 84,99% nos Eixos 1 a 4, e do 74,52% no Eixo 5. Adicionalmente, os socios de Noruega e Suíza participan con fondos nacionais dos seus respectivos con 6.000.827€.

 

 

 ►  Portal web do PO  de CTE  Interregional INTERREG
        EUROPA 2014-2020

 

Union Europea