Volver ao contido

PO CTE Transnacional Espazo Atlántico 2014-2020

Os 4 programas de Cooperación Territorial Transnacional 2014-2020 nos que participa algunha rexión de España son:

 

  • Espazo Mediterráneo, onde participan as rexións de 10 Estados membros da UE (Chipre, Croacia, Eslovenia, España, Francia, Grecia, Italia, Malta, Portugal e Reino Unido-Gibraltar) e 3 países candidatos (Albania, Bosníaca e Herzegovina, e Montenegro).
  • Espazo dos arquipélagos de Madeira, Canarias e Azores, máis Cabo verde, Mauritania e Senegal.
  • Espazo Atlántico, que engloba a un total de 37 rexións de Francia, Irlanda, Portugal, Reino Unido e España (as C.A. de Galicia, Asturias, Cantabria, Navarra, País Vasco e Illas Canarias, máis as provincias de Sevilla, Cádiz e Huelva).
  • Espazo Sudoeste, que abarca aos territorios de España (excepto as Illas Canarias), Portugal (excepto Madeira e Azores), Gibraltar, Andorra e 6 rexións do sudoeste francés (Aquitania, Auvernia, Languedoc-Rosellón, Lemosín, Mediodía-Pirineos e Poitou-Charentes).

 

Galicia participará na CTE Transnacional 2014-2020, a través de 2 Programas: Espazo Atlántico e Espazo Sudoeste.

 

O Espazo Atlántico 2014-2020, que ocupa unha zona máis extensa que o PO anterior 2007-2013, como consecuencia da inclusión da Illas Canarias, Azores e Madeira, caracterízase polo seu patrimonio ambiental e a dimensión marítima, así como un patrón común de desenvolvemento territorial e urbano baseado nunha maioría de zonas rurais intermedias e un número limitado de grandes áreas metropolitanas. O promedio de densidade de poboación (84 habitantes por km2 no ano 2011) está debaixo da media da UE-27 (116,61). O Programa é diverso, observando a miúdo uns grandes eixes norte-sur e costa-interior, con diferenzas significativas en termos de desenvolvemento económico e demográfico.

 

O PO de CTE ESPAZO ATLÁNTICO 2014-2020 está estruturado en 5 Eixes, incluído o de Asistencia Técnica:

  1. Impulsar a innovación e a competitividade.
  2. Fomentar a eficiencia dos recursos e o uso de enerxías renovables.
  3. Fortalecer a capacidade de recuperación do territorio aos riscos dos recursos naturais, o  clima e a orixe humana.
  4. A protección da biodiversidade e o patrimonio natural e cultural.
  5. Asistencia Técnica.

 

O investimento total previsto para o PO de CTE ESPAZO ATLÁNTICO 2014-2020 ascende a 185.366.492€. A axuda FEDER supón 140.013.194€ (75,53% do total do custo), mentres que a achega privada representa o 4,73% e o resto achegarao a cofinanciación pública (19,73%). As porcentaxes de cofinanciación son do 75% nos Eixes 1 a 4, e do 85% no Eixe 5.

 

►  Portal web do PO de CTE Transnacional Espazo Atlántico 2014-2020

 

 

Union Europea

 

►  Portal web do PO de CTE Transnacional Espazo
       Atlántico 2014-2020

 

Union Europea

 

 

 

 

 

Documentos Asociados

      PO CTE Espazo Atlántico 2014-2020 (decembro de 2017)

———————————————————————————————————————————

      PO CTE Espazo Atlántico 2014-2020. Resumo para o cidadán (maio 2017)

———————————————————————————————————————————

      Informe Anual 2016 do PO CTE Espazo Atlántico 2014-2020 (xullo 2017)

———————————————————————————————————————————

      Manual de Programa. Primeira convocatoria de proxectos 2016 do PO CTE Espazo Atlántico 14-20 (versión 4, xuño 2017)

———————————————————————————————————————————

      Informe de pertinencia da Avaliación Ambiental Estratéxica do
       PO Espazo Atlántico 2014-2020 
(octubre 2015)

———————————————————————————————————————————

      Informe de conformidade co Art. 3 da Directiva EAE do PO
       Espazo Atlántico 2014-2020 (21.10.2015)