Volver ao contido

PO do Fondo de Axuda Europea para as persoas máis desfavorecidas (FEAD) 2014-2020

A intervención do PO do Fondo de Axuda Europea para as persoas máis desfavorecidas (FEAD) reformúlase desde a óptica da complementariedade e creación de sinerxias cos programas operativos do FSE. A nivel nacional está financiado por unha Axuda comunitaria de 563,4 millóns de euros, sendo o Custo total do mesmo de 662,8 millóns de euros.

 

O FEAD ten como obxecto facilitar bens de primeira necesidade (alimentos) a persoas excluídas ou en grave risco de exclusión social con medidas de acompañamento básicas para, unha vez cuberta a necesidade alimentaria, poñerlles en disposición de acceder a outras actividades de fomento da inclusión social que se financian no marco do FSE. Desta forma, mentres o primeiro cobre necesidades vitais e urxentes das persoas desfavorecidas, o segundo complementa e prosegue o proceso de inclusión do OT9, principalmente, e contribúe a promover a inclusión activa no mercado de traballo.

 

A Axuda  prevista que se investirá en Galicia a través deste Programa ascende a 28,2 millóns de euros.

 

Union Europea