Volver ao contido

PO FEDER Crecemento Sustentable 2014-2020

Este programa integrouse no novo PO FEDER plurirrexional de España 2014-2020, a partir do 19.12.2017.

 

O PO de Crecemento Sustentable, que está cofinanciado polo FEDER no marco da Política de Cohesión comunitaria, é un dos programas de ámbito plurirrexional que se investirá en Galicia no período 2014-2020.


O PO, cun custo total previsto de 7.689,3 millóns de euros a nivel nacional e unha Axuda FEDER de 5.520,8 millóns de euros, apoiará os seguintes Eixes prioritarios:

 

  • Favorecer o paso a unha economía baixa en carbono en todos os sectores (FEDER: 2.098 millóns de euros).
  • Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos (FEDER: 695,7 millóns de euros).
  • Promover o transporte sustentable e eliminar os estrangulamentos nas infraestruturas de rede fundamentais (FEDER: 1.675,7 millóns de euros).
  • Eixe 12 Urbano (FEDER: 1.012,8 millóns de euros).
  • Eixe 13 Asistencia Técnica (FEDER: 38,7 millóns de euros).


O primeiro Eixe terá cofinanciación privada e os catro restantes serán cofinanciados por capital público.


Galicia encádrase neste período no grupo de "rexións máis desenvolvidas", que a través deste programa repartiranse un total de 1.727,5 millóns de euros de Axuda FEDER a nivel nacional. O importe estimado da Axuda FEDER que se investirá en Galicia ascende a 570,3 millóns de euros entre todos os Eixes.


O grupo de "rexións en transición" repartiranse 3.203,2 millóns de euros de Axuda FEDER, mentres que as do grupo de "rexións menos desenvolvidas" dispoñerán para os seus investimentos de 590,1 millóns de euros de Axuda FEDER.

 

 

► Portal web da Rede REBECA. Economía Baixa en Carbono (IDAE)

 

Union Europea