Volver ao contido

PO FEDER Galicia 2014-2020

A política de cohesión reformada, que representa máis dun terzo do orzamento total comunitario 2014-2020, converteuse na principal ferramenta de consecución dos obxectivos da UE para 2020. Instrumentalízase fundamentalmente a través de 3 fondos: FEDER, FSE e de Cohesión e vai dirixida a todas as rexións europeas.

 

A Axuda FEDER vinculada á potenciación da política rexional comunitaria 2014-2020 en España, ascende a 20.681,4 millóns de euros (versión actualizada 2017 do Acordo de Asociación entre a UE e España), e articúlase a través de Programas Operativos rexionais e plurirrexionais. A parte do FEDER nacional que se investirá en Galicia ao longo do período supoñerá 2.018 millóns de euros, dos que 913,7 corresponden ao PO FEDER Galicia e o resto aos Programas FEDER Plurirrexionais.

 

O Custo total previsto do presente PO, actualizado en 2017, ascende a 1.142,1 millóns de euros, entre recursos públicos e privados, dos que o 80% corresponde á Axuda comunitaria (913,7 millóns de euros), o 16,3% corresponde á cofinanciación da Xunta de Galicia (186,5 millóns de euros), e o 3,7% restante (42 millóns de euros) será achegado polo sector privado nos Eixos 1, 3 e 4.

 

As actuacións que se cofinanciarán co PO FEDER Galicia 2014-2020 están relacionadas fundamentalmente co impulso das seguintes prioridades estratéxicas: a investigación e a innovación; as tecnoloxías da información e a comunicación; a competitividade das PEME; unha economía baixa en carbono; a adaptación ao cambio climático e a prevención de riscos; a protección ambiental e a promoción da eficiencia de recursos; a promoción da inclusión social e a loita contra a pobreza e a discriminación; e o investimento en educación e formación.

 

O Programa que se presenta detalla, para o período 2014-2020, unha estratexia rexional concertada FEDER para facer fronte aos principais retos do desenvolvemento económico de Galicia e acelerar a converxencia coa UE.

 

 

► Portal web da Rede de Políticas Públicas de I+D+i

► Portal web da lista de operacións do PO FEDER Galicia 2014-2020 (MINHAFP)

Portal web da Rede de Autoridades Ambientais - RAA

Portal web da Rede de Iniciativas Urbanas – RIU

Portal web da Rede de Políticas de Igualdade entre Mulleres
      e Homes nos Fondos Comunitarios

► Portal web ITI azúl – Estratexia Atlántica (MINHFP)

► Portal web da Rede REBECA. Economía Baixa en Carbono (IDAE)

 

Union Europea