Volver ao contido

Comité de Seguimento do PO FEDER 2014-2020

O Comité de Seguimento do PO FEDER Galicia 2014-2020, que se constituíu o 30.03.2015, reunirase polo menos unha vez ao ano e examinará a execución do programa e os avances na consecución dos seus obxectivos.

 

As funcións do Comité de Seguimento son as seguintes:

 

  1. Examinar a execución do Programa Operativo e os avances na consecución dos seus obxectivos. Na súa análise, atenderase aos datos financeiros, aos indicadores comúns e específicos do Programa, en especial aos cambios nos valores dos indicadores de resultados, aos avances na consecución de valores previstos cuantificados e aos fitos definidos no marco de rendemento e, cando cumpra, aos resultados das análises cualitativas.
  2. Examinar todas as cuestións que afecten o rendemento do Programa, incluídas as conclusións dos exames do rendemento.
  3. Emitir, no seu caso, o oportuno ditame sobre toda modificación do Programa que propoña a Autoridade de Xestión.
  4. Poderá formular observacións á Autoridade de Xestión acerca da execución e avaliación do Programa, incluídas accións dirixidas a reducir a carga administrativa para os beneficiarios. O Comité fará o seguimento das accións emprendidas por mor das súas observacións.
  5. Examinar en particular:
    1. Toda cuestión que afecte o rendemento do Programa Operativo.
    2. Os avances na execución do Plan de Avaliación e as medidas tomadas en resposta ás conclusións das avaliacións.
    3. A aplicación da estratexia de comunicación.
    4. A execución de grandes proxectos.
    5. A execución de plans de acción conxuntos.
    6. As accións encamiñadas a promover a igualdade entre homes e mulleres, a igualdade de oportunidades e a non discriminación, incluída a accesibilidade das persoas con discapacidade.
    7. As accións dirixidas a fomentar o desenvolvemento sustentable.
    8. Os instrumentos financeiros.
    9. Os avances nas accións necesarias para satisfacer as condicións ex ante aplicables, nos casos en que ditas condicións non se cumpriron na data de presentación do Acordo de Asociación ou do Programa Operativo.
  6. Examinar e aprobar:
    1. A metodoloxía e os criterios de selección de operacións do Programa Operativo.
    2. Os Informes de execución anual e final do Programa Operativo.
    3. O Plan de Avaliación do Programa Operativo e toda modificación do devandito Plan, tamén cando sexa parte dun Plan de avaliación común.
    4. A estratexia de comunicación do Programa Operativo e calquera posible modificación da mesma.
    5. Calquera proposta da Autoridade de Xestión para modificar o Programa Operativo.

 

O Regulamento interno poderá modificarse polo Comité de Seguimento do PO a proposta da Presidencia, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos membros do mesmo.

 

 

Union Europea