Volver ao contido

PO FEDER Iniciativa PEME 2014-2020

Segundo o Directorio Central de Empresas (DIRCE), a 1 de xaneiro do ano 2014 había en España 3.119.310 empresas, un 0,9% menos que o ano anterior, das cales máis do 99% son PEME (entre 0 e 249 asalariados). Por tanto, as PEME representan o groso do tecido empresarial e supoñen uns dous terzos do emprego en España. Estes datos fan que non sexa posible contemplar ningún escenario de recuperación económica que non outorgue ás PEME un papel central. En Galicia había 191.745 empresas na mesma data.

 

Co obxecto de mellorar o financiamento das PEME ponse en marcha un novo programa de ámbito plurirrexional, titulado PO Iniciativa PEME 2014-2020, CCI: 2014ES16RFSM001, consistente nun instrumento financeiro que será cofinanciado polo FEDER. A Axuda comunitaria do mesmo alcanza 800.033.600 euros.

 

O importe estimado da Axuda FEDER que se investirá en Galicia ascende a 44,2 millóns de euros. O período subvencionable abarca desde o 1 de xaneiro de 2014 ata o 31 de decembro de 2023.

 

Union Europea