Volver ao contido

PO FEDER Plurirrexional de España 2014-2020

 

O Programa Operativo Plurirrexional de España, que está cofinanciado polo FEDER no marco da Política de Cohesión, é un dos programas comunitarios que se investirá en Galicia no período 2014-2020. Este programa xorde a partir do 19.12.2017 e está integrado pola fusión dos dous anteriores POs de Crecemento Intelixente e Sustentable 2014-2020.

 

O PO, que inclúe tamén a asignación derivada do Axuste Técnico do MFP da UE para 2017-2020, alcanza un custo total de 14.473,6 millóns de euros a nivel nacional con unha Axuda FEDER de 10.120,6 millóns de euros. Apoiará os seguintes Eixes prioritarios:

  • Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación (FEDER: 2.963 millóns de euros).
  • Mellorar o uso e calidade das tecnoloxías da información e da comunicación e o acceso ás mesmas (FEDER: 1.067,1 millóns de euros).
  • Mellorar a competitividade das PYME (FEDER: 269 millóns de euros).
  • Favorecer o paso a unha economía baixa en carbono en todos os sectores (FEDER: 2.107,7 millóns de euros).
  • Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos (FEDER: 577,4 millóns de euros).
  • Promover o transporte sustentable e eliminar os estrangulamentos nas infraestruturas de rede fundamentais (FEDER: 1.672,5 millóns de euros).
  • Eixe 12 Urbano (FEDER: 1.362,2 millóns de euros).
  • Asistencia técnica (FEDER: 101,6 millóns de euros).

 

Os 4 primeiros Eixes terán cofinanciación pública e privada, mentres que os 4 restantes só serán cofinanciados por capital público.

 

Galicia, que se encadra neste período no grupo de "rexións máis desenvolvidas", investirá a través deste Programa nacional 1.044,3 millóns de euros de Axuda FEDER.

 

 

► Portal web da Rede REBECA. Economía Baixa en Carbono (IDAE)

 

 

Union Europea

Documentos asociados