Volver ao contido

PO FSE Emprego, Formación e Educación 2014-2020

 

O PO de Emprego, Formación e Educación, que está cofinanciado polo FSE no marco da Política de Cohesión comunitaria, é un dos programas de ámbito plurirrexional que se investirá en Galicia no período 2014-2020.

 

O programa, cun Custo total previsto de 3.012,7 millóns de euros a nivel nacional e unha Axuda FSE de 2.115 millóns de euros, apoiará os seguintes Eixos prioritarios:

 

  • Fomento do emprego sustentable e da calidade e a mobilidade laboral (FSE: 1.051,6 millóns de euros).
  • Promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación (FSE: 245 millóns de euros).
  • Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e a aprendizaxe permanente (FSE: 764,4 millóns de euros).
  • Innovación social (FSE: 7 millóns de euros).
  • Cooperación Transnacional (FSE: 4,6 millóns de euros).
  • Asistencia Técnica (FSE: 42,6 millóns de euros).

 

O importe estimado da Axuda FSE que se investirá en Galicia ascende a 291,1 millóns de euros.

 

 

 

Union Europea

Documentos asociados