Volver ao contido

Avaliacións do PO FSE Galicia 2014-2020 durante o período de programación

Durante o período de programación as autoridades de xestión deberán realizar avaliacións de cada programa, en especial para estimar a súa eficacia, eficiencia e impacto, de acordo co plan de avaliación establecido, debendo avaliarse, como mínimo unha vez, o xeito en que os Fondos do Marco Estratéxico Común contribuíron aos obxectivos de cada prioridade, en concordancia co establecido no Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013.

De fronte ao período 2014-2020 a Comisión Europea impulsa a actividade de avaliación a nivel rexional, nacional e comunitario, especialmente para coñecer o impacto da Política de Cohesión sobre o benestar económico, social e medioambiental dos cidadáns.

Os artigos 47 a 57 e o artigo 114 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, de Disposicións Comúns aos Fondos EIE, establecen unha serie de disposicións sobre seguimento, evolución estratéxica e avaliación dos programas. Os tipos de avaliación a realizar no período 2014-2020 son: avaliación ex ante, avaliacións ao longo do período de programación e avaliación ex post.

As avaliacións serán levadas a cabo por expertos, internos ou externos, funcionalmente independentes das autoridades responsables da execución dos programas.Todas as avaliacións poñeranse a disposición do público.

No caso do PO FSE Galicia 2014-2020, a Xunta de Galicia e a Autoridade de xestión do PO decidiron como mínimo realizar dúas avaliacións intermedias, nos anos 2017 e 2019.

Todas as avaliacións deberán ser examinadas polo Comité de Seguimento do PO e enviadas á Comisión. Por iniciativa propia, a Comisión poderá facer avaliacións dos programas.

O Plan de Avaliación do PO FSE Galicia 2014-2020 está integrado por dous partes: unha parte xeral, que é común a todos os programas do FSE de España e que se recolle no "Plan Estratéxico Nacional de Avaliación do FSE 2014-2020. Período de programación 2014-2020", e unha parte específica do propio PO, que se recolle no "Plan de Avaliación específico do PO FSE Galicia 2014-2020".

 

 

Union Europea