Volver ao contido

PO FSE Galicia 2014-2020

A política de cohesión reformada, que representa máis dun terzo do orzamento total comunitario 2014-2020, converteuse na principal ferramenta de consecución dos obxectivos da UE para 2020. Se instrumentaliza fundamentalmente a través de 3 fondos: FEDER, FSE e de Cohesión e vai dirixida a todas as rexións europeas.

 

Na elaboración do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 interviñeron tanto as Administracións públicas involucradas (Comunitaria, Estatal, Autonómica e Local) como outras institucións e axentes económicos sociais galegos.

 

A Axuda FSE asignada pola UE ao Estado español, que está vinculada á potenciación da política rexional comunitaria 2014-2020, ascende a 8.448,9 millóns de euros, que se articulará a través de Programas Operativos rexionais e plurirrexionales. A parte do FSE nacional que se investirá en Galicia ao longo do período supoñerá 912,6 millóns de euros, incluíndo o Fondo Europeo de Axuda aos máis Desfavorecidos (FEAD), dos que 322,2 corresponden ao PO FSE Galicia e o resto aos Programas FSE plurirrexionales.

 

O Custo total previsto do presente Programa ascende a 402,8 millóns de euros,  dos que o 80% corresponde á Axuda comunitaria (322,2 millóns de euros) e o 20% restante corresponde á cofinanciación da Xunta de Galicia (80,6 millóns de euros).

 

As actuacións que se cofinanciarán co PO FSE Galicia 2014-2020 están relacionadas fundamentalmente co impulso das seguintes prioridades estratéxicas: a promoción da sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral; a promoción da inclusión social e a loita contra a pobreza e a discriminación; e o investimento en educación e formación.

 

O Programa que se presenta detalla, para o período 2014-2020, unha estratexia rexional concertada FSE para facer fronte aos principais retos do desenvolvemento económico e social de Galicia e acelerar a converxencia coa UE.

 

 

►Portal web do Alicerce Europeo de dereitos sociais
     (Comisión Europea)

Portal web da Rede de Autoridades Ambientais - RAA

Portal web da Rede de Iniciativas Urbanas – RIU

►Portal web da Rede de Políticas de Igualdade entre
     Mulleres e Homes nos Fondos Comunitarios

Portal web da Rede de Inclusión Social

►Portal web da Fundación Secretariado Xitano e
     Rede EURoma

►Portal web de Simplificación FSE 2014-2020 (UAFSE)

 

Union Europea