Volver ao contido

PO FSE de Inclusión Social e da Economía Social 2014-2020

O PO de Inclusión Social e Economía Social, que está cofinanciado polo FSE no marco da Política de Cohesión comunitaria, é un dos programas de ámbito plurirrexional que se investirá en Galicia no período 2014-2020.

O programa, cun Custo total previsto de 1.079,6 millóns de euros a nivel nacional e unha Axuda FSE de 800 millóns de euros, apoiará os seguintes Eixos prioritarios:

  • Fomento do emprego sustentable e da calidade e a mobilidade laboral (FSE: 29,6 millóns de euros).
  • Promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación (FSE: 736,7 millóns de euros).
  • Innovación social (FSE: 8,2 millóns de euros).
  • Cooperación Transnacional (FSE: 5,5 millóns de euros).
  • Asistencia Técnica (FSE: 20 millóns de euros).

Todos os Eixos terán cofinanciación privada, excepto o de Asistencia Técnica.

O importe estimado da Axuda FSE que se investirá en Galicia ascende a 112,4 millóns de euros.

 

Union Europea

Documentos asociados