Volver ao contido

Programas Operativos 2014-2020

Ao longo do período 2014-2020 e relacionado cos fondos FEDER e FSE e a cohesión económica, social e territorial, Galicia recibirá  axuda comunitaria por un importe estimado de 2.811 millóns de euros, cuxa articulación práctica xestionarase a través  de Programas Operativos (POs). A este importe haberá que engadirlle a axuda comunitaria que poida corresponder á C.A. polos programas de Cooperación Territorial Europea, a través de convocatorias públicas que se irán programando no desenvolvemento do período.

 

Un Programa Operativo componse, principalmente, de eixes prioritarios que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa.  O Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 establece os detalles que deben conter os programas operativos 2014-2020. Antes da súa entrada en vigor, a Comisión Europea debe aprobalos.

 

Vinculado co Obxectivo de "Investimento  en crecemento e emprego"  figuran os  POs cofinanciados polo  FEDER 2014-2020: Galicia-FEDER, Crecemento Intelixente, Crecemento Sustentable e Iniciativa Peme. Os programas  cofinanciados polo FSE 2014-2020 son: Galicia-FSE, Emprego Xuvenil, o de Emprego, Formación e Educación, o de Inclusión Social e Economía Social, o de Asistencia Técnica e o de Axuda Europea para as persoas máis desfavorecidas (FEAD).

 

E relacionado co Obxectivo de  "Cooperación Territorial Europea", Galicia participará nos seguintes POs 2014-2020: Transfronteiriza España-Portugal, Transnacional Espazo Atlántico, Transnacional Espazo Sudoeste e Interrexional.

 

Figuran a continuación os documentos relacionados cos Programas Operativos 2014-2020 que se investirán na C.A, tanto de ámbito rexional como plurirrexional e que principalmente estarán cofinanciados polos Fondos FEDER e FSE.

 

 

► Portal web do PDR FEADER Galicia 2014-2020

Portal web do PO FEMP para España 2014-2020

► Portal web da Comisión Europea sobre os Programas e
      Fondos europeos 2014-2020. Financiamento e licitacións

► Portal web do COCOF-COESIF-EGESIF.
      Ministerio de Facenda

 

Union Europea