Volver ao contido

Período Comunitario 2014-2020

A política de cohesión reformada, que representa máis dun terzo do orzamento total comunitario e que vai dirixida a todas as rexións da UE, non só ás máis pobres, converteuse na principal ferramenta de consecución dos obxectivos da UE para 2020: o crecemento económico, a creación de emprego, a loita contra o cambio climático e a dependencia enerxética, e a redución do abandono escolar, a pobreza e a exclusión social.

 

Tamén ten como finalidade fortalecer a cohesión económica, social e territorial dentro da UE a través da corrección dos desequilibrios entre as diferentes rexións.

 

Para potenciar a política rexional cara a 2020 establecéronse disposicións comúns para os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos (Fondos EIE, que comprenden o FEDER, o FSE, o Fondo de Cohesión, o FEADER e o FEMP), e tamén se introduciron principios aplicables a todos os Fondos, tales como o apoio á programación integrada, a concentración temática, a orientación a resultados, as condicionalidades, a gobernanza económica e o maior uso dos instrumentos financeiros, que deben desempeñar un papel esencial no logro dos obxectivos da Estratexia da Unión para un crecemento intelixente, sustentable e integrador.

 

 

►  Período 2014-2020. Portal web da DG de Política
       Rexional e Urbana da Comisión Europea

 

 

Union Europea