Volver ao contido

Estratexia da UE

 

Plan de recuperación para Europa:

Para axudar a reparar os danos económicos e sociais causados pola pandemia de coronavirus, a Comisión Europea, o Parlamento Europeo e os dirixentes da UE acordaron un plan de recuperación que liderará o camiño cara á saída da crise e sentará as bases para unha Europa moderna e máis sostible.

 

O orzamento a longo prazo da UE, xunto con NextGenerationEU, instrumento temporal concibido para impulsar a recuperación, será o maior paquete de estímulo xamais financiado a través do orzamento da UE. Un total de 1,8 billóns de euros axudará a reconstruír a Europa posterior á COVID-19, que será máis ecolóxica, dixital e resiliente.

 

O novo orzamento a longo prazo aumentará os mecanismos de flexibilidade para garantir a súa capacidade de facer fronte a necesidades imprevistas. Trátase dun orzamento preparado non só para as realidades actuais, senón tamén para as incertezas do futuro.

 

Principais elementos:

  • investigación e innovación, a través de Horizonte Europa
  • transicións climática e dixital xustas, a través do Fondo de Transición Xusta e o programa Europa Dixital
  • preparación, recuperación e  resiliencia, a través do Fondo de Recuperación e  Resiliencia, rescEU e un novo programa de saúde, EU4 Health.

Ademais, o paquete presta atención a:

  • a modernización de políticas tradicionais, como a de cohesión e a política agrícola común, para que contribúan ao máximo ás prioridades da Unión
  • loita contra o cambio climático, co 30 % dos fondos da UE, a maior porcentaxe na historia do orzamento europeo
  • protección da biodiversidade e igualdade de xénero.

 

 

Union Europea