Volver ao contido

Período comunitario 2021-2027

O proceso sobre o futuro da UE, iniciado polo Libro Branco e desenvolvido por cinco Documentos de Reflexión, contribuirá á elaboración da proposta do próximo Marco Financeiro Plurianual (MFP) post 2020 para unha UE de 27 Estados membros, que a Comisión proponse presentar a mediados de 2018.

 

O MFP fixa os importes  máximos que a UE pode gastar cada ano nos distintos ámbitos de actuación durante un período de polo menos cinco anos. O actual MFP abarca o período de 2014 a 2020. Cada orzamento anual debe axustarse a este marco.

 

Co fin de estimular o debate sobre as cuestións suscitadas nos documentos de reflexión, organizáranse unha serie de eventos públicos, tales como a Conferencia anual "Orzamento baseado nos resultados", coordinada pola Comisión o 25 de setembro de 2017 ou o Cume Social en Gotemburgo (Suecia), en novembro de 2017.

 

Neste apartado recóllense os documentos elaborados pola Comisión europea así como polos Estados membros, como parte deste proceso de reflexión e debate do período post 2020.

 

Tamén se incluirán aqueles documentos importantes que estean relacionados coa política rexional comunitaria despois de 2020, tales como Iniciativas, Orientacións, MFP, Recomendacións ou Regulamentos.

 

 

►Portal da Comisión Europea. Obxectivos globais en
      Enerxía, Cambio climático e Medio ambiente

►Portal da Comisión Europea. Obxectivos de
     Desenvolvemento sustentable

►Portal web do Marco Financeiro Plurianual 2021-2027
     (Comisión Europea)

►Portal web dos textos relacionados co FEDER e
      Cohesión 2021-2017 (Comisión Europea)

►Portal web dos textos relacionados co FSE+
      2021-2027 (Comisión Europea)

►Portal web dos textos relacionados coa PAC
      e o clima 2021-2027

►Portal web do Pilar europeo de dereitos
      sociais (Comisión Europea)

 

Union Europea