Volver ao contido

Presentación

Figura en primeiro lugar o Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020, que é un documento de planificación económica e reorientación de Obxectivos Estratéxicos da Xunta de Galicia.

 

No Período comunitario post 2020 recolleranse aqueles documentos que están   relacionados coa política rexional comunitaria despois de 2020, tales como Iniciativas, Orientacións, MFP, Recomendacións ou Regulamentos.

 

Do Período Comunitario 2014-2020 pódense consultar os documentos relevantes que teñen relación coa Estratexia Europa 2020, o Principio de Asociación e o proceso de Programación e Avaliación ex ante dos programas operativos FEDER e FSE Galicia 2014-2020.

 

Tamén se pode consultar a Normativa 2014-2020 vinculada cos Fondos comunitarios, as Axudas estatais e a Planificación económica rexional do período.

 

No apartado de Gobernanza Económica 2014-2020 pódese consultar os documentos relacionados coa coordinación das políticas económicas e de emprego dos Estados europeos, principalmente a través dos Programas Nacionais de Reforma, os Programas anuais de Estabilidade de cada país e as Recomendacións que realizan as autoridades comunitarias aos Estados membros da UE.

 

En Información e comunicación 2014-2020 pódense consultar as peculiaridades das medidas de información e comunicación do novo período e da conmemoración e homenaxe do Día de Europa (9 de maio de 1985).

 

Figuran a continuación os documentos relacionados cos Programas Operativos 2014-2020 que se investirán na C.A, tanto de ámbito rexional como plurirrexional e  que principalmente estarán  cofinanciados polos Fondos FEDER e FSE.

 

Do Período Comunitario 2007-2013 pódense consultar os principais documentos relacionados cos Programas cofinanciados con FEDER e FSE que se invisten en Galicia, co FEAG, coas Axudas Estatais, coa Converxencia económica, coa Publicidade e información comunitaria das accións executadas e coa Normativa do período.

 

Do Marco Comunitario de Apoio 2000-2006 pódese consultar os principais documentos de programación e execución comunitaria en Galicia no período 2000-2006.

 

En Ligazón de interese pódese acceder directamente ás páxinas web dos organismos relacionados coa política de cohesión comunitaria.

 

Union Europea