Volver ao contido

Presentación

Figura en primeiro lugar o Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020, que é un documento de planificación económica e reorientación de Obxectivos Estratéxicos da Xunta de Galicia.

 

No Período comunitario 2021-2027 recolleranse aqueles documentos que están   relacionados coa política rexional comunitaria despois de 2020, tales como Iniciativas, Orientacións, MFP, Recomendacións ou Regulamentos.

 

Do Período Comunitario 2014-2020 pódense consultar os documentos relevantes que teñen relación coa Estratexia Europa 2020, o Principio de Asociación 2014-2020 e o proceso de Programación e Avaliación ex ante 2014-2020 dos programas operativos FEDER e FSE Galicia 2014-2020.

 

Tamén se pode consultar a Normativa 2014-2020 vinculada cos Fondos comunitarios, as Axudas estatais e a Planificación económica rexional do período.

 

No apartado de Gobernanza Económica 2014-2020 pódese consultar os documentos relacionados coa coordinación das políticas económicas e de emprego dos Estados europeos, principalmente a través dos Programas Nacionais de Reforma, os Programas anuais de Estabilidade de cada país e as Recomendacións que realizan as autoridades comunitarias aos Estados membros da UE.

 

En Información e comunicación 2014-2020 pódense consultar as peculiaridades das medidas de información e comunicación do novo período e da conmemoración e homenaxe do Día de Europa (9 de maio de 1985).

 

Figuran a continuación os documentos relacionados cos Programas Operativos 2014-2020 que se investirán na C.A, tanto de ámbito rexional como plurirrexional e  que principalmente estarán  cofinanciados polos Fondos FEDER e FSE.

 

Do Período Comunitario 2007-2013 pódense consultar os principais documentos relacionados cos Programas cofinanciados con FEDER e FSE que se invisten en Galicia, co FEAG, coas Axudas Estatais, coa Converxencia económica, coa Publicidade e información comunitaria das accións executadas e coa Normativa do período.

 

Do Marco Comunitario de Apoio 2000-2006 pódese consultar os principais documentos de programación e ejecución comunitaria en Galicia no período 2000-2006.

 

En Ligazóns de interese pódese acceder directamente ás páxinas web dos organismos relacionados coa política de cohesión comunitaria.

 

Union Europea