Volver ao contido

Presentación Telemática

A presentación de garantías de xeito telemático ven recollido na Orde do 23 de maio de 2008 da Consellería de Economía e Facenda de presentación telemática de avais na Caixa Xeral de Depósitos.

O procedemento abarca tanto a presentación como a devolución dos avais na Caixa Xeral de Depósitos.

Os avais presentados deste xeito e as garantías así constituídas terán a mesma validez e producirán os mesmos efectos que as garantías constituídas facendo a presentación física do documento de aval.

Estarán autorizadas a utilizar este sistema as entidades avalistas que teñan subscrito o correspondente convenio de colaboración nesta materia.

As entidades autorizadas para levar a cabo este procedemento son:

  • SOGARPO. Sociedade de garantía recíproca da pequena e mediana empresa de Pontevedra e Ourense.
  • AFIGAL. Afianzamentos de Galicia, Sociedade de garantía recíproca