Volver ao contido

Endebedamento da Comunidade Autónoma

Regulación

O artigo 47 do Estatuto de Autonomía recolle a capacidade da Comunidade Autónoma de acudir á débeda pública para financia-los seus gastos de investimento. A materia regúlase no título II do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, (artigos 28 a 45), polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Anualmente, a Lei de orzamentos fixa a capacidade de endebedamento da Comunidade Autónoma para cada exercicio.

Para o ano 2020 regúlase na Lei 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.


Débeda pública en circulación

Emisións en circulación inscritas no Mercado de Débeda Pública en anotacións (AIAF Renta Fixa)
Código Condicións Importe (€) Vencemento Tipo de interese
ES0001352246 Orde do 21.11.2005 e corrección de erros 25.11.2005 200.000.000,00 28.11.2035 4,025 %
ES0001352311 Orde do 18.11.2010 75.000.000,00 22.11.2028 4,15 %*
ES0001352535 Orde do 09.04.2014 500.000.000,00 10.04.2021 2,95 %
ES0001352550 Orde do 08.03.2019 400.000.000,00 30.04.2029 1,45 %
ES0001352568 Orde do 10.12.2019 25.000.000,00 12.12.2022 0,00 %
         
ES0001352576 Orde do 10.12.2019 250.000.000,00 12.12.2023 0,00 %
ES0001352576.02 Orde do 12.12.2019
         
ES0001352584 Orde do 17.12.2019 150.000.000,00 18.12.2024 0,125 %

(*).- Tipo de xuro variable – (TIPO ACTUAL)


Procedementos de devolución das retencións aplicables

  • Orde do 16 de xuño de 2004 pola que se modifica o procedemento de devolución das retencións practicadas nos pagamentos de cupón da débeda pública emitida pola Xunta de Galicia.


Información financeira

Débeda viva a 31.12.2019: 10.887.900.000,22 euros

Último exercicio liquidado

 

Anuncio de solicitude de ofertas de operacións de endebedamento

 

Rating da Comunidade

Rating Comunidade Autónoma de Galicia
STANDARD AND POOR'S MOODY'S
Curto prazo "A-1" Longo prazo "Baa1"
Longo prazo "A"  
Perspectiva Estable Perspectiva Estable


Consultas