Volver ao contido

Documentación Estatístico-contable

ATENCIÓN: Prazos para a presentación da declaración estatístico-contable correspondente ao 2019:
  • APERTURA: 1 de marzo de 2020
  • PECHE: 30 de abril de 2020

O Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19, na súa Disposición Adicional Terceira dispón que se suspenden os termos e se interrompen os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o real decreto ou, se é o caso, as prórrogas deste.