Volver ao contido

Orzamentos

A conselleira de Facenda salienta que Galicia acode á reunión do CPFF como unha Comunidade exemplar no control do déficit

A conselleira de Facenda salienta que Galicia acode á reunión do CPFF como unha Comunidade exemplar no control do déficit

Elena Muñoz Fonteriz resalta que Galicia xa fixo un esforzo moi importante de contención do gasto en tres anos e está nunha posición mellor que outras CC.AA.

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, subliñou hoxe que a Comunidade galega acudirá mañá á reunión do Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF) coa tranquilidade de ser tido unha comunidade exemplar no control do déficit público, tanto no ano 2011 como no que vai de lexislatura.

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, subliñou hoxe que a Comunidade galega acudirá mañá á reunión do Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF) coa tranquilidade de ser tido unha comunidade exemplar no control do déficit público, tanto no ano 2011 como no que vai de lexislatura.

Elena Muñoz Fonteriz atribuíu estes bos resultados ás medidas de contención de gasto levadas a cabo nos últimos tres anos, o que sinalou que lle permite presentar un comportamento mellor que outras autonomías e achegar credibilidade e solvencia ás finanzas do Estado.

Así, lembrou que Galicia tivo o ano pasado un déficit da metade da media das autonomías, algo que fixo compatible con garantir, un ano máis,a prestación dos servizos públicos esenciais. Ademais, engadiu que no período 2009-2011 o déficit autonómico acumulado foi do 4,7%, fronte ao 5,8% de media, e dicir, máis de tres puntos inferior.

A titular de Facenda tamén avanzou que o Executivo central exporá ás comunidades o esforzo de contención do déficit que pedirá ás autonomías para este exercicio. Ao respecto, indicou que Galicia xa fixo un esforzo moi importante, ao pasar do 2,38% en 2010 ao 1,6% en 2011, polo que reiterou que esta comunidade está en mellores condicións, en termos comparativos, con outras autonomías que terán que realizar un maior esforzo.

O Goberno central tamén porá sobre a mesa novas medidas para dotar de liquidez ás comunidades. Neste senso, Muñoz Fonteriz indicou que a Xunta as analizará, tal e como fixo coas liñas ICO, que de momento no precisa. Así, lembrou que Galicia é unhas das comunidades que está rexistrando unha maior demanda por parte dos investidores de débeda pública, que ven a esta autonomía con vantaxes comparativas respecto a outros territorios, o que lle permite financiarse con normalidade nun momento de grandes dificultades para formalizar operacións.

De feito, Galicia foi a única comunidade que a finais do ano 2011 tiña executado en tempo e forma o seu programa de endebedamento e no que vai do presente 2012 xa ten colocado un terzo das súas necesidades para todo o exercicio.