Volver ao contido

Orzamentos

A conselleira de Facenda subliña que as Contas para 2013 son realistas, prudentes, sen incrementos impositivos e que supoñen para os galegos menos esforzos que os doutras comunidades

A conselleira de Facenda subliña que as Contas para 2013 son realistas, prudentes, sen incrementos impositivos e que supoñen para os galegos menos esforzos que os doutras comunidades

Muñoz Fonteriz resalta que son as contas que Galicia precisa neste momento e que están adaptadas á realidade da Comunidade

As Contas de Galicia para o ano 2013 son realistas, prudentes, sen incrementos impositivos nin medidas restritivas, e supoñen para os cidadáns galegos menos sacrificios que os doutras Comunidades Autónomas.

Así o explicou esta mañá nunha entrevista para o programa Bos Días da TVG, a conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz onde apuntou que "son uns Orzamentos adaptados á realidade de Galicia".

Ademais, a titular de Facenda resaltou que os Orzamentos para 2013, son os máis sociais da historia da autonomía, cun 77% do gasto destinado a sanidade, educación e servizos sociais.

Por outra banda, as Contas fomentan e reforzan o reequilibrio territorial, priorizando o gasto por habitante nas provincias de Ourense e Lugo fronte ás de Pontevedra e A Coruña, pois os recursos que destina por habitante nas provincias interiores son un 50% superiores ás atlánticas.

Finalmente, Muñoz Fonteriz explicou que co obxectivo de reforzar a aposta pola reactivación económica e sentar as bases para poder recuperar taxas positivas da economía os Presupostos inclúen un novo Fondo de Crecemento, dotado con 386 millóns de euros, coherente co Plan Estratéxico, e con medidas destinadas fundamentalmente á dinamización económica, ao apoio aos sectores estratéxicos da economía galega, o apoio ás infraestruturas, así como á innovación e ao desenvolvemento.