Volver ao contido

Orzamentos

A solvencia financeira da Xunta permite non ter que acudir ao fondo estatal destinado a pagar aos proveedores

A solvencia financeira da Xunta permite non ter que acudir ao fondo estatal destinado a pagar aos proveedores

A Administración autonómica está pagando por debaixo de 50 días de media e en tempos inferiores a 40 días as facturas correspondentes a 2012

A solvencia financeira da Xunta de Galicia permitiu que esta autonomía fose a única Comunidade Autónoma de réxime xeral de finanzamento que non necesite acudir a liña de pago aberta polo goberno central, para afrontar os pagamentos aos provedores. A fortaleza financeira en que se atopa a comunidade facilita non ten que facer uso deste mecanismo especial.

A solvencia financeira da Xunta de Galicia permitiu que esta autonomía fose a única Comunidade Autónoma de réxime xeral de finanzamento que non necesite acudir a liña de pago aberta polo goberno central, para afrontar os pagamentos aos provedores. A fortaleza financeira en que se atopa a comunidade facilita non ten que facer uso deste mecanismo especial.

O Executivo autonómico tiña de prazo ata o 1 de abril para acollerse a esta opción formulada ás comunidades autónomas no seo do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF). Non obstante, valora esta liña do Estado porque é un instrumento ben deseñado, que facilita liquidez ás autonomías e permitirá que outras comunidades afronten pagamentos que sen este instrumento terían moi complicados.

De feito, o Goberno galego está a atender os seus compromisos de pagamentos nestes momentos nunha media que se sitúa por debaixo dos 50 días, tempo que é inferior aos 40 días no caso de facturas correspondentes ao presente exercicio, co que está en condicións de dar cumprimento ao prazo fixado na Lei de morosidade.

Galicia é unha das comunidades que está rexistrando unha maior demanda por parte dos investidores de débeda pública, que ven a esta autonomía con vantaxes comparativas respecto a outros territorios, o que lle permite financiarse con normalidade nun momento de grandes dificultades para formalizar operacións.

A Comunidade galega xa colocou, a estas alturas de ano, un terzo do seu programa de débeda, o 32,4%, sendo a autonomía máis dinámica neste concepto e a única que realizou operacións por prazo superior a cinco anos. A totalidade destas colocacións formalizáronse ante investidores institucionais, sen recorrer a retallistas, e en condicións que respectan os principios de prudencia financeira recomendados polo Tesouro do Estado.

Tamén foi a única comunidade autónoma que a finais de 2011 executara en tempo e forma e na súa totalidade o programa de endebedamento corresponde ao pasado exercicio, formalizado integramente en instrumentos a medio e longo prazo, sen manter saldos financeiros de curto prazo.

O feito de que esta autonomía foi pioneira e marcou o camiño para outras comunidades e mesmo para o Estado permítelle manter, nun complicado contexto económico como o actual, unha situación financeira e orzamentaria das mellores de España.

Grazas á política levada a cabo polo Executivo autonómico ao longo desta lexislatura, Galicia é hoxe unha comunidade solvente, fiable e que garante os servizos públicos. A sostibilidade das finanzas da comunidade constitúe un obxectivo irrenunciable deste goberno e a estabilidade orzamentaria é un instrumento esencial para garantir o mantemento do Estado do benestar.