Volver ao contido

Orzamentos

Galicia é a quinta Comunidade con mellor grao de execución ao peche do terceiro trimestre do ano 2011, cun 70,1%

Galicia é a quinta Comunidade con mellor grao de execución ao peche do terceiro trimestre do ano 2011, cun 70,1%

Ademais, a Comunidade galega é a segunda cunha maior execución de gastos de capital, moi por riba da media

Galicia é a quinta comunidade autónoma que presenta un mellor grao de execución do gasto non financeiro ao peche do terceiro trimestre do ano 2011, cunha porcentaxe do 70,1%, que está baseado nun control do gasto corrente e nunha axeitada orzamentación dos gastos de capital.

De feito, segundo os datos do anterior Ministerio de Economía y Hacienda, a 30 de setembro do ano pasado a Comunidade galega, é a segunda autonomía cunha maior execución dos gastos de capital, cun 59%, moi por riba da media, que está no 45,2%.

En canto ao nivel de pagos sobre obrigas recoñecidas, Galicia acada o 93,6%, mentres que a media se sitúa no 91,2%. Ademais, si se teñen en conta os estas obrigas recoñecidas nos gastos de capital, a Comunidade galega chega ao 90,9%, fronte ao 68,4% de media, co que é a terceira autonomía con maior porcentaxe, a primeira de réxime ordinario.