Volver ao contido

Orzamentos

Galicia é unha das CC.AA. máis demandadas polos investidores de débeda pública

Galicia é unha das CC.AA. máis demandadas polos investidores de débeda pública

No que vai de exercicio xa colocou o 32,4% das súas necesidades para todo 2012, sendo a única comunidade que conseguiu formalizar operacións a un prazo superior a cinco anos

Galicia é unha das comunidades que está rexistrando unha maior demanda por parte dos investidores de débeda pública, que ven a esta autonomía con vantaxes comparativas respecto a outros territorios, o que lle permite financiarse con normalidade nun momento de grandes dificultades para formalizar operacións.

Galicia é unha das comunidades que está rexistrando unha maior demanda por parte dos investidores de débeda pública, que ven a esta autonomía con vantaxes comparativas respecto a outros territorios, o que lle permite financiarse con normalidade nun momento de grandes dificultades para formalizar operacións.

Así o salientou hoxe o director xeral de Política Financeira e Tesouro da Consellería de Facenda, Manuel Galdo, quen explicou que, neste contexto complexo, onde outras autonomías están a ter serias dificultades para obter financiamento, Galicia pode presumir de ter colocado, a estas alturas de ano, un terzo do seu programa de débeda, o 32,4%, sendo a autonomía máis dinámica neste concepto e a única que realizou operacións a prazo superior a cinco anos.

A totalidade destas colocacións formalizáronse ante investidores institucionais, sen recorrer a minoristas, e en condicións que respectan os principios de prudencia financeira recomendados polo Tesoro do Estado.

Manuel Galdo tamén lembrou que Galicia foi a única comunidades autónoma que a finais de 2011 tiña executado en tempo e forma e na súa totalidade o Programa de Endebedamento corresponde ao pasado exercicio e engadiu que estaba formalizado integramente en instrumentos a medio e longo prazo, sen manter saldos financeiros de corto prazo.

Vantaxes de ser pioneira en medidas de axuste
O director xeral de Política Financeira subliñou que a senda de axustes iniciada por Galicia hai xa tres anos, nos que a autonomía foi pioneira e marcou o camiño para outras comunidades e mesmo para o Estado, está permitindo manter, nun complicado contexto económico como o actual, unha situación financeira e orzamentaria das mellores de España.

Igualmente resaltou que Galicia ten o mesmo rating que o Estado e concluíu que os parámetros económicos, financeiro e a estabilidade institucional da comunidade xera confianza entre os investidores que, mantendo actitudes moi selectivas nas súas operacións, continúan a demandar débeda da Comunidade galega.