Volver ao contido

Orzamentos

Galicia foi a comunidade autónoma cun menor aumento do seu endebedamento no último ano, tres veces inferior á media

Galicia foi a comunidade autónoma cun menor aumento do seu endebedamento no último ano, tres veces inferior á media

A Comunidade galega seguiu ampliando o seu diferencial positivo no terceiro trimestre respecto ao conxunto de CC.AA., ata os 2,6 puntos de PIB

Galicia foi a comunidade autónoma cun menor aumento de endebedamento no último ano, tres veces inferior á media, segundo os datos do terceiro trimestre do ano feitos públicos hoxe polo Banco de España.

Galicia foi a comunidade autónoma cun menor aumento de endebedamento no último ano, tres veces inferior á media, segundo os datos do terceiro trimestre do ano feitos públicos hoxe polo Banco de España.


Desta forma, a Comunidade galega pechou setembro cunha diminución de 5 millóns de euros do seu endebedamento respecto ao segundo trimestre, co que mantivo a ratio débeda/PIB no 13,3%, o que lle permitiu seguir ampliando o seu diferencial positivo coa media de España, que foi do 15,9%, 2,6 puntos superior.


Ademais, unha vez incluída a débeda das empresas públicas, Galicia ten un diferencial positivo aínda maior, de 3,4 puntos, xa que ten unha ratio de débeda/PIB do 13,7%, fronte ao 17,1% de media de comunidades. Isto significa que a débeda das empresas públicas galegas é tres veces menor que a media, a oitava autonomía con menor endebedamento. Igualmente compróbase que Galicia aposta pola transparencia e non concentra endebedamento nas empresas públicas.


A Xunta de Galicia mantivo durante toda a lexislatura pasada un endebedamento controlado e emitiu tan só a porcentaxe aprobada cada exercicio no seo do Consejo de Política Fiscal y Financeira (CPFF). De feito, a finais de 2008 Galicia tiña unha ratio débeda/PIB tres décimas por encima da media e neste momento está 2,6 puntos por debaixo. Na nova lexislatura proseguirá polo mesmo camiño.


Así mesmo, a aprobación por este Goberno da Lei 2/2011, de 16 de xuño, de Disciplina Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira, representa o compromiso do Executivo galego coa sostenibilidade das finanzas públicas no curto, medio e longo prazo para blindar o Estado do Benestar.


A introdución dunha regra fiscal limita o crecemento do gasto público nas épocas expansivas da economía, polo que se os ingresos evolucionan por riba do PIB, a parte que exceda se dedicará a diminuír débeda. De terse feito isto na anterior lexislatura, nun contexto de elevados ingresos con crecementos superiores ao 10% ano a ano, Galicia teríase aforrado 2.000 euros millóns de euros.