Volver ao contido

Orzamentos

O presidente da Xunta destaca que Galicia é a comunidade líder do Estado en execución e pago de investimentos

O presidente da Xunta destaca que Galicia é a comunidade líder do Estado en execución e pago de investimentos

Remarca que foi a autonomía que mellor executou os seus investimentos durante os nove primeiros meses do ano 2012, cunha porcentaxe dun 66,6%, 24 puntos superior á media das comunidades autónomas, que se queda nun 42%

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que nos nove primeiros meses do ano 2012 Galicia foi a comunidade líder en execución dos seus investimentos, cunha das maiores porcentaxes de pagamento do gasto comprometido. Así se desprende dun informe que hoxe coñeceu o Consello da Xunta sobre os datos feitos públicos polo Ministerio de Facenda a 30 de setembro, e que recolle que Galicia foi a primeira autonomía tanto en esforzo investidor en relación co PIB como en pagamentos, triplicando en ambos os dous casos a media.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que nos nove primeiros meses do ano 2012 Galicia foi a comunidade líder en execución dos seus investimentos, cunha das maiores porcentaxes de pagamento do gasto comprometido. Así se desprende dun informe que hoxe coñeceu o Consello da Xunta sobre os datos feitos públicos polo Ministerio de Facenda a 30 de setembro, e que recolle que Galicia foi a primeira autonomía tanto en esforzo investidor en relación co PIB como en pagamentos, triplicando en ambos os dous casos a media.


Na rolda de prensa posterior á xuntanza do Goberno galego, Feijóo destacou que Galicia segue "á cabeza das comunidades autónomas de maior investimento per cápita, de maior investimento en relación co PIB e de maiores pagos a provedores no que se refire a investimento en obra pública en España". O mandatario galego sinalou que Galicia "segue cumprindo os criterios de déficit público", igual que o fixo no ano 2009, 2010 e e prevé facer no 2011; e que, sen embargo, "inviste máis que outras comunidades autónomas" que teñen dificultades para cumprilo.


"Ter as contas saneadas non só é un obxectivo de responsabilidade e corresponsabilidade cos impostos dos cidadáns, senón que permite investir máis e pagar mellor, e en consecuencia, poñemos outra vez de manifesto cos datos feitos públicos polo Ministerio de Facenda que Galicia é a comunidade que máis inviste do resto das comunidades autónomas que conformamos España", salientou.


Un esforzo inversor 24 puntos superior á media
Segundo precisou, Galicia foi a autonomía que mellor executou os seus investimentos durante os nove primeiros meses do ano 2012, cunha porcentaxe dun 66,6%, 24 puntos superior á media das comunidades autónomas, que se queda nun 42%. Ademais, destacou que mobilizou 521 millóns de euros, e foi a primeira comunidade tanto en esforzo inversor por habitante, como en esforzo inversor en relación co PIB, e que é a comunidade que mellor paga en porcentaxe de pagos executados a 1 de outubro do ano 2012.


"Fronte a comunidades que executan e pagan tarde, ou fronte a comunidades que pagan en prazos razoables pero executan pouco, en Galicia conquerimos compatibilizar a alta execución de investimentos co alto pago de certificacións de obra. Levamos comprometidos case o 79%, o que significa 14 puntos máis que a media das comunidades autónomas", esgrimiu.
O titular da Xunta puxo de relevo que "Galicia lidera o esforzo inversor por habitante con 186,5 euros, case 2,5 veces máis que a media das comunidades autónomas", que se eleva a 3,3 veces máis que o conxunto das autonomías no esforzo de pagamentos por habitante. Polo tanto, engadiu, "lideramos o investimento por habitante e lideramos o pago de investimentos por habitante".


Segundo explicou, a galega foi a segunda comunidade autónoma con maior porcentaxe de execución de gasto de capital (capítulos VI e VII), 20 puntos superior á media que, igualmente, compatibilizou sendo unha das autonomías que mellor realizou os pagamentos, case 15 puntos mellor que o promedio.


"Tendo en conta o total de gasto non financeiro, Galicia de novo foi a segunda autonomía que tivo unha maior execución no terceiro trimestre do exercicio, do 70,3%, catro puntos superiores á media". E, de igual xeito, en materia de pagos, asegurou que estamos no 91% do total do investimento.


Blindar o gasto social sen abandonar os compromisos co investimento real
"Estes datos demostran que merece a pena facer unhas contas equilibradas, unhas contas cuxo obxectivo fundamental é blindar o gasto social pero que non abandonan os nosos compromisos co investimento real". Polo tanto, proseguiu, "sentímonos realmente satisfeitos de executar máis que ningunha outra comunidade autónoma en investimentos e pagar mellor", compatibilizándoo con cumprir o déficit público. "Temos logrado rebaixalo nun 23%, concretamente en 209 millóns de euros en relación ao mesmo período do ano pasado, onde levamos neste momento o 1,1 por cento de déficit sobre o PIB sabendo que o límite está no 1,5%", concluíu.