Volver ao contido

Planificación e Fondos

Actualización da avaliación intermedia do Programa Operativo Integrado de Galicia 2000-2006

Actualización da avaliación intermedia do Programa Operativo Integrado de Galicia 2000-2006

O Programa Operativo Integrado de Galicia é o resultado último dunha fase de programación do período 2000-2006 que tivo o seu inicio coa elaboración do Plan Estratéxico de Desenvolvemento Económico de Galicia 2000-2006 (PEDEGA).

O seu enfoque estratéxico supón unha importante innovación respecto ó ata agora utilizado na aplicación de medidas de mellora estrutural. Este novo enfoque é resultado dunha nova concepción máis ampla dos procesos de desenvolvemento económico, baseado en tres apoios: o económico, o social e o ambiental. Asúmese así que dito desenvolvemento non pode sustentarse unicamente na adición de resultados positivos de distintos programas de actuación, senón que require dunha presentación global baixo a concepción do Desenvolvemento Sostible.