Volver ao contido

Contratación

Organización, composición e funcións da Xunta Consultiva

Organización, composición e funcións da Xunta Consultiva

Funcións e competencias da Xunta Consultiva

Correspóndelle á Xunta Consultiva de Contratación Administrativa as seguintes funcións:

  • Emitir informe con carácter facultativo sobre aquelas cuestións que, en materia de contratación administrativa, sometan á súa consideración as entidades enumeradas no artigo 1 do seu decreto de creación. Entre outras materias, correspóndelle informar con este carácter sobre as propostas de adxudicación que se presuman de cumprimento normal imposible como consecuencia de baixas desproporcionadas ou temerarias, logo de petición do órgano de contratación e tralo trámite de audiencia previsto na normativa vixente en materia de contratación administrativa.
  • Emitir informe con carácter preceptivo nos supostos en que así se estableza na normativa estatal básica sobre contratación administrativa.
  • Ademais, no ámbito da administración autonómica, os seus organismos autónomos, sociedades públicas, fundacións do sector público autonómico e demais entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, informará preceptivamente sobre as cuestións seguintes:
    • Os proxectos e anteproxectos normativos que afecten á contratación administrativa dos que a súa aprobación sexa competencia da Xunta de Galicia ou dos seus conselleiros ou conselleiras e non foran elaborados ou propostos pola propia Xunta Consultiva de Contratación.
    • Os pregos de cláusulas administrativas xerais e os pregos de prescricións técnicas xerais.
    • Os pregos de cláusulas administrativas particulares e os pregos de prescricións técnicas particulares que propoña a inclusión de estipulacións contrarias ós respectivos pregos xerais.
    • As demais cuestións determinadas polas disposicións vixentes
  • Acordala clasificación e revisión da clasificación para os contratos que celebren os órganos de contratación da Comunidade Autónoma de Galicia, os seus organismos autónomos e demais entidades públicas sinaladas no apartado anterior, nos termos que establece o artigo 28.3 da Lei de contratos das administracións públicas ou norma que a substitúa.
  • Elaborar e propoñelas normas, instrucións e medidas que considere precisas para a mellora e eficacia da contratación da Administración autonómica, os seus organismos e sociedades, fundacións do sector público e demais entidades de dereito público dela dependentes.
  • Realizar estudos e investigacións sobre contratación administrativa, trasladando ós órganos de contratación as recomendacións que se deriven daqueles.
  • Aprobar e elevar ó conselleiro/a de Economía e Facenda, para a súa remisión ó Consello da Xunta, a memoria anual sobre a xestión contractual da Comunidade Autónoma nos seus aspectos administrativos, económicos e técnicos, con proposta das medidas pertinentes para a mellora da eficacia da contratación.
  • Colaborar, no ámbito das súas funcións, cos organismos homónimos das comunidades autónomas e da Administración Xeral do Estado.
  • Especificamente correspóndenlle todas aquelas competencias que a lexislación estatal lles atribúe ás xuntas consultivas de contratación administrativa das comunidades autónomas.

Enderezo

Edificio Administrativo San Caetano, Bloque 3
15781 Santiago de Compostela