Volver ao contido

Función Pública

Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas

Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas

Descrición das competencias

  • A xestión do réxime de incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, así como dos altos cargos da Administración autonómica sometidos á Lei 9/1996, do 18 de outubro.
  • Mantemento, xestión e custodia dos rexistros de Bens Patrimoniais e de Actividades de Altos Cargos da Xunta de Galicia.
  • A cualificación da declaración de actividades e da declaración de bens patrimoniais dos altos cargos da Administración autonómica.
  • A vixilancia do cumprimento das obrigacións derivadas da aplicación do artigo 16 do Decreto 205/2008, do 4 de setembro, polo que se regulan os rexistros de actividades e de bens patrimoniais de altos cargos da Administración autonómica.
  • A elaboración anual dun informe detallado do cumprimento polos altos cargos das obrigacións de declarar, así como das infraccións cometidas e das sancións impostas. Este informe será enviado ao Consello da Xunta de Galicia para a súa remisión ao Parlamento.
  • A tramitación e elaboración das propostas de resolución dos expedientes en materia de incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A emisión dos informes en materia de incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Mantemento e xestión do Rexistro de Persoal Eventual nos termos previstos na normativa reguladora do emprego público.
  • A preparación, conxuntamente coa Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais, a Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal e a Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal, dos anteproxectos normativos en materia de función pública.

Yolanda  Otero Escudeiro
Subdirectora Xeral

981 54 52 31