Volver ao contido

Política Financeira, Tesouro e Fondos Públicos

Documentación estadístico-contable de mediadores

Documentación estatístico-contable de mediadores

ATENCIÓN: Prazos para a presentación da declaración estatístico-contable correspondente ao 2016:
  • APERTURA: 1 de marzo de 2017
  • PECHE: 2 de maio de 2017


Documentación estatístico-contable dos mediadores de seguros inscritos no Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos da Comunidade Autónoma de Galicia

 

De acordo coa Orde do 25 de marzo de 2014 sobre os libros-rexistro e o deber de información dos mediadores de seguros e reaseguros privados da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG Nº 66 do 4 de abril de 2014), e a corrección de erros publicada no DOG nº 68 do 8 de abril de 2014  os corredores de seguros e os axentes de seguros vinculados inscritos no Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos da Comunidade Autónoma de Galicia deberán remitir á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro a información contida nos anexos I e II da citada orde, en virtude da habilitación de desenvolvemento establecida na disposición derradeira primeira da Orde.

 

Prazo de remisión

O artigo 4º da Orde do 25 de marzo de 2014 establece que a remisión á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro da información contida nos seus anexos,  deberá remitirse como data límite o 30 de abril do ano seguinte a aquel ao que se refire a información.

 

Remisión electrónica

O mesmo artigo 4º Orde do 25 de marzo de 2014, establece que a remisión á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro da información a remitir polos corredores de seguros e axentes de seguros vinculados deberá facerse exclusivamente por medios electrónicos a través do programa de remisión electrónica da DEC accesible a través desta páxina web.

Unha vez introducida a información no citado programa e asinada declaración, a información remítese electronicamente á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

Para poder utilizar esta forma de remisión é imprescindible contar cun certificado electrónico emitido por unha entidade certificadora admitida nas Oficinas Virtuais desta páxina web da Consellería de Facenda.