Saltar al contenido

Servicio de Tasas y Precios

Descripción de las competencias

  • Análise e avaliación dos aspectos financeiros da actividade da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia en canto a dita actividade consista na entrega de bens ou na prestación de servizos de demanda individualizada e a adopción das medidas normativas necesarias para o seu financiamento.
  • A emisión dos informes preceptivos para a medida e comprobación do custo efectivo dos servizos prestados e bens entregados pola Administración e a salvagarda do seu equilibrio económico-financeiro, e a previsión das medidas orzamentarias correspondentes, en relación cos instrumentos financeiros previstos na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A elaboración da información global respecto ás compensacións ou subvencións que poida comportar a actividade administrativa sobre a cal recaian os instrumentos financeiros previstos na Lei 6/2003.
  • O seguimento e a análise da execución orzamentaria correspondente aos ingresos anteriores, así como a elaboración de estudos e propostas dirixidos a optimizar a súa xestión.

María Dolores  Seoane Viqueira
Jefe del servicio

881 999 586