Volver ao contido

Actualidade Orzamentaria

« Atrás

A Xunta de Galicia propón aos sindicatos incluír na Oferta de Emprego Público para 2020 máis de 2.500 prazas de acceso libre

A Xunta de Galicia propón aos sindicatos incluír na Oferta de Emprego Público para 2020 máis de 2.500 prazas de acceso libre

  • O maior número de prazas concéntrase na escala de axentes técnicos facultativos con 539 prazas na especialidade de xardín de infancia; e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais con 484 prazas, das que 476 son para a especialidade de persoal de limpeza e cociña
  • Inclúense tamén 395 prazas de promoción interna e 3.404 prazas para continuar co proceso voluntario de funcionarización do persoal laboral fixo

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2020.- A Xunta de Galicia vén de propoñer hoxe ás organizacións sindicais a aprobación dunha oferta de emprego público (OEP) no eido da Administración Xeral cun total de 2.507 prazas de acceso libre, das que 1.276 son para a estabilización do persoal dos servizos sociais integrados no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. 

Ás prazas de acceso libre súmanse outras 395 prazas para a promoción interna do persoal funcionario, e tamén se engaden 3.404 postos para continuar co proceso de funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta pactado no Acordo de concertación para a mellora das condicións do emprego público, asinado en 2019 cos sindicatos CC.OO. e UGT.

Tal e como recolle a proposta trasladada ás organizacións sindicais, o maior número de prazas de acceso libre concéntrase na escala de axentes técnicos facultativos con 539 prazas na especialidade de xardín de infancia; na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais con 484 prazas, das que 476 son para a especialidade de persoal de limpeza e cociña e 8 para a especialidade de recursos naturais e forestais; na escala de técnicos facultativos (296); na de persoal de servizos xerais (PSX) con 173 prazas; na escala de xerocultor/a (151) e no corpo auxiliar con 102 prazas. A todas estas prazas poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias, e as probas desenvolveranse a través do sistema de concurso-oposición.

Tamén destacan no eido administrativo, 68 prazas para o corpo superior (A1), 58 para o corpo de xestión (A2), 69 para o corpo administrativo (C1), 102 para o corpo auxiliar (C2) e 60 prazas para a agrupación profesional de persoal subalterno (AP).

Ademais, a proposta de decreto inclúe 395 prazas reservadas para a promoción interna do persoal funcionario. A elas só poderán acceder aqueles empregados públicos que xa teñen unha praza fixa na Administración e que queren opositar para acadar un ascenso ou promoción profesional. As probas tamén se desenvolverán a través do sistema de concurso-oposición.

Finalmente, recóllense outros 3.404 postos para continuar co proceso voluntario de funcionarización do persoal laboral fixo. Trátase dun proceso moi demandado polo persoal laboral fixo da Xunta e ao que se acolleu o 95% do persoal susceptible de funcionarizar.

A diferenza da promoción interna, estas probas non teñen carácter competitivo, senón que permitirán modificar o réxime xurídico do traballador, que pasará de ser empregado laboral fixo a funcionario da Administración.

 

1.    ACCESO LIBRE (2.507 PRAZAS)

 

Corpo superior (subgrupo A1)

68

Corpo de xestión (subgrupo A2)

58

Corpo administrativo (subgrupo C1)

69

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

102

Agrupación profesional de persoal subalterno (grupo AP)

60

Escala de Axentes Técnicos Facultativos (Grupo B)

539

Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais (AP)

484

Escala de técnicos facultativos (subgrupo A2)

296

Escala de persoal de servizos xerais (PSX) (subgrupo C2)

173

Escala de Xerocultor/a (subgrupo C2)

151

Escala auxiliar do servizo de prevenc. e defens. incendios forestais (C2)

90

Escala de facultativos  (subgrupo A1)

52

Escala axentes técnicos en xestión medioambiental (grupo B)

46

Escala de enxeñeiros técnicos (subgrupo A2)

39

Escala de enxeñeiros (subgrupo A1)

28

Escala técnica de mantemento de servizos (subgrupo C1)

25

Escala auxiliar de recursos naturais e forestais (subgrupo C2)

25

Escala auxiliar de coidadores (subgrupo C2)

25

Escala técnica de análises de laboratorio (subgrupo C1)

21

Escala de arquitectos técnicos (subgrupo A2)

16

Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo C2)

15

Escala técnica de delineantes (grupo B)

13

Escala de axentes de inspección (subgrupo C1)

12

Escala técnica de recursos naturais e forestais (subgrupo C1)

12

Escala de arqueólogos (subgrupo A1)

10

 Escala de ciencias (subgrupo A1)

10

Escala de arquitectos (subgrupo A1)

9

Escala auxiliar de condución (subgrupo C2)

8

Escala de inspección turística (subgrupo A2)

7

Grupo IV. Categoría 31- Legoeiro/a

6

Escala técnica de cociña (subgrupo C1)

5

Escala de letrados (subgrupo A1)

4

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo A2)

4

Grupo IV. Categoría 11-  Auxiliar de laboratorio

3

Escala de inspectoras e inspectores de consumo

2

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo A1)

2

Grupo II- Categoría 005. Profesor-Mestre

2

Grupo III. Categoría 17- Analista de laboratorio

2

Grupo IV- Categoría 9- Oficial 2ª agrario

2

Escala técnica auxiliar de informática (subgrupo C1)

1

Escala de subinspección urbanística (subgrupo A2)

1

Grupo I. Categoría 19- Titulado superior farmacéutico

1

Grupo II. Categoría 7- Titulado grao medio

1

Grupo III. Categoría 6-  Especialista de oficios

1

Grupo III. Categoría 4- Gobernante/a servicios domésticos

1

Grupo III. Categoría 7- Técnico/a auxiliar de obras

1

Grupo III. Categoría 63- Oficial/a 1ª condutor/a

1

Grupo III. Categoría 65- Oficial 1ª cociña

1

Grupo III- Categoría 67- Capataz de cuadrilla

1

Grupo IV- Categoría 04-   Coidador/a auxiliar

1

Grupo IV. Categoría 39- Auxiliar de autopsias

1

 

2. PROMOCIÓN INTERNA (395 PRAZAS)

 

Administración Xeral

393

Administración Especial

2

 

3. FUNCIONARIZACIÓN PERSOAL LABORAL FIXO (3.404 PRAZAS)

 

Administración Xeral

1.800

Administración Especial

1.604