Volver ao contido

Planificación e Fondos

« Atrás

Acto de lanzamento do PO FSE Galicia 2014-2020

Acto de lanzamento do PO FSE Galicia 2014-2020

O Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, que alcanzará un investimento rexional de 391,4 millóns de euros en custo total, cunha axuda comunitaria de 313,1 millóns de euros, pretende contribuír ao cumprimento dos obxectivos da Estratexia Europa 2020 no marco da nova política de cohesión comunitaria.

 

Unha vez aprobado o PO pola Comisión Europea o 08.12.2015, o Estado membro, a Autoridade de xestión e os beneficiarios adoptarán as medidas necesarias para comunicar e facer chegar ao público información sobre as operacións financiadas polo Programa en Galicia, de acordo co establecido no Anexo XII do Regulamento (UE) Nº 1303/2013 de disposicións comúns e xenerais dos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos.

 

O acto de lanzamento do PO FSE Galicia 2014-2020, que se inclúe dentro das medidas de información e comunicación dirixidas ao público, é unha actividade informativa na que se dá publicidade ao lanzamento do Programa.

 

Ao acto, que se celebrou o 16 de febreiro de 2016 no salón de actos  do Consello Económico e Social en Santiago de Compostela, Algalia de Abaixo 24, asistiron os socios do partenariado do PO, entre os que se atopan os representantes das administracións europea, nacional, rexional e local, os axentes económicos e sociais e os representantes da sociedade civil galega. Tamén no mesmo día e a continuación do acto, desenvolveuse  no mesmo lugar a constitución do Comité de Seguimento do Programa.

 

 

Union Europea

 

  • Pulsa
  • Pulsa
  • Pulsa