Saltar al contenido

Notas de prensa

El conselleiro de Facenda inaugura unas jornadas sobre financiación autónomica con expertos de toda España

El conselleiro de Facenda inaugura unas jornadas sobre financiación autónomica con expertos de toda España

  • As xornadas están organizadas pola Red de Investigadores en Financiación Autonómica y descentralización Financiera (RIFDE)
  • Valeriano Martínez sinalou que este asunto é de gran importancia para todas as comunidades autónomas

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2019.- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, inaugurou hoxe en Santiago as xornadas ‘Desafíos pendientes de la descentralización en España: suficiencia y autonomía tributaria', organizadas pola Red de Investigadores en Financiación Autonómica y Descentralización Financiera en España (RIFDE) e que reúne a expertos de toda España.

No acto de inauguración das xornadas, Valeriano Martínez sinalou que o financiamento autonómico é un asunto de gran importancia e que está de plena actualidade, tanto polos impagos que están a rexistrar as administracións autonómicas e locais –por mor do bloqueo da actualización dos ingresos do sistema de financiamento– como pola reforma que se terá que realizar do modelo vixente, aprobado en 2009.

Nas xornadas, que se desenvolven entre hoxe e mañá na capital galega, están a participar diversos expertos en financiamento autonómico do eido universitario, das administracións autónomicas e de outros organismos especializados como a Autoridad Independiente de Responsabilidad Fiscal (AIREF) ou a Fundación de Estudios de Economía Aplicada (FEDEA).