Mércores, Setembro 08, 2010
   
Texto

Feijóo destaca “o realismo, a austeridade, e a solidariedade e emprego” como os tres piares básicos dos Orzamentos da Xunta para o ano 2010


-O presidente da Xunta resalta que as novas contas supoñen un descenso do 3,3% con respecto as do ano 2009

-"O realismo significa facer previsións prudentes; a austeridade significa gastar menos. E a solidariedade e o emprego buscan manter a cohesión social en época de recesión”, explica Feijóo

-"Os presupostos supoñen un dobre reto: “Son os primeiros deste Goberno; e son os primeiros feitos con conciencia da recesión económica que está a vivir Galicia”

-Subliña a importancia de “facer previsións reais” para que os orzamentos sexan “a expresión cifrada e contable de previsións económicas certas no momento en que se elaboran”

-Resalta o “incremento do peso do gasto social” nun 2% e o aumento no “investimento real da Xunta nun punto a pesar de rebaixar os ingresos nun 12%”

-“Imos a parar a destrución do emprego, que será, en Galicia, un 50% menor que a do ano 2009”, destaca o presidente da Xunta

-Apunta que a economía galega ”por fin crecerá” ao acadar un crecemento do 0,2%

-Asegura que os “gastos de funcionamento, os gastos correntes da Xunta de Galicia, do aparato burocrático da Administración Autonómica, se reducirán nun 20%”


Feijóo destaca “o realismo, a austeridade, e a solidariedade e emprego” como os tres piares básicos dos Orzamentos da Xunta para o ano 2010

**Santiago, 15 de outubro de 2010.-** O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou que os Orzamentos da Xunta para o ano 2010, levados hoxe ao Consello da Xunta, basearanse en tres piares fundamentais: “O realismo, a austeridade, e a solidariedade e o emprego“. “O realismo –incidiu Feijóo- significa facer previsións prudentes, facer previsión realistas. A austeridade implica gastar menos, que o seu goberno lle salga mais barato aos galegos. E a solidariedade e o emprego son os obxectivos fundamentais deste presuposto: gastar mellor, manter a cohesión social en época de recesión económica, e buscar cada investimento, cada euro, para crear o emprego posible no próximo ano”.

Neste sentido, e en referencia ao primeiro destes piares, o do realismo, Núñez Feijóo subliñou que “os ingresos cos que vai a contar a Xunta de Galicia van a diminuír en case doce puntos, exactamente no 11,9%” supoñendo, polo tanto, unha diminución dos presupostos. Así, estes “van ser mais pequenos que os do ano 2009, van a diminuír un 3,3%”, cun gasto non financeiro dos mesmos que se sitúa nos 11.052 millóns de euros. Pese a todo, as partidas importantes non sufrirán diminución algunha, apostándose por “unha reorientación do gasto público”. “Imos a gastar menos en nos mesmos e imos a gastar mais nos que mais o necesiten”, explicou Feijóo.

Neste contexto, recoñeceu que a economía galega non crecerá moito, aínda que apuntou efectos positivos na mesma: “Imos a crecer como consecuencia do efecto positivo do Xacobeo. Medraremos por riba da media de España”. Non obstante, Feijóo tamén incidiu no feito de que “as previsións macroeconómicas sobre as que se fixeron os Presupostos do Estado non son realistas”. “A última decisión de incrementar o IVE e o imposto da renda –aclarou Feijóo- vai a supoñer catro décimas de menor crecemento da economía galega. E con todos estes pros e con todos estes contras, un orzamento realista é aquel que prevé un crecemento da economía galega dun 0,2%”. E engadiu: “O 0,2% supón que a economía galega por fin crecerá. É un crecemento realista. Para por un exemplo, Alemaña crecerá o próximo ano un 0,3”.

**Solidariedade e desemprego***
*Por outra banda, no que se refire a solidariedade e ao desemprego, o presidente da Xunta amosou a súa confianza na estabilización do paro no próximo exercicio: “Iamos a parar a destrución do emprego. Esta, en Galicia, será un 50% menor que a do ano 2009”. Pese a todo, a economía galega “non será capaz de xerar emprego neto". “No ano 2009 o desemprego creceu en 4,9 puntos, mentres que prevemos que no ano 2010 o desemprego creza 2,1 puntos. Polo tanto, reducimos a tendencia de desemprego a metade que percibimos no 2009”, resumiu Feijóo.

Ademais, e de cara a dar cumprimento ao capitulo da solidariedade, a Xunta de Galicia prevé para o próximo exercicio un incremento do peso do gasto social en dous puntos, así como un aumento do investimento real nun punto. “Imos a sacrificar o que é imprescindible no financiamento da Administración, e imos a buscar todas as fórmulas de financiamento ordinarias, presupostarias e extrapresupostarias, para que non caia o investimento e o emprego en Galicia mais do previsto”, destacou Feijóo. Así, “sete de cada dez euros do orzamento do ano 2010 destinaranse ao gasto social. Este, no anterior presuposto era do 66,4%, mentres que agora será do 68,5%. Increméntase, polo tanto, un 2,1% o peso do gasto social”.

Así mesmo, o presidente adiantou que toda a débeda na que se incorrerá no 2010 orientarase ao investimento: “Todos os euros nos que Galicia se endebede estarán destinados a crear emprego, serán destinados a investimentos reais, a infraestruturas e a crecemento económico”.

**Austeridade**
No tocante a austeridade, Núñez Feijóo destacou que esta “non era un compromiso electoral” se non que “é unha forma de facer as cousas no Goberno e durante a lexislatura”. Neste sentido, recordou que os orzamentos reducirán o gasto de funcionamento da Xunta nun 20%: “Os gastos de funcionamento, os gastos correntes da Xunta de Galicia, do aparato burocrático da Administración Autonómica, se reducirán nun 20%”.

Así, Feijóo subliñou a realización destes presupostos baixo un dobre reto: “Son os primeiros deste Goberno. E son os primeiros feitos con conciencia da recesión económica que está a vivir Galicia”. E engadiu: “Ter conciencia da situación económica que estamos a vivir é algo imprescindible neste momento por moitas razóns: porque é evidente que se recortan os ingresos reais do Estado e da Xunta. E porque temos que facer previsións reais, non podemos pintar os presupostos. Estes teñen que ser a expresión cifrada e contable de previsión económicas certas no momento en que se elaboran”.

Ademais, Feijóo lembrou, tamén, aposta do Goberno autonómico pola Lei da dependencia, unha lei que é “unha das grandes cuestións pendentes de España” e que non se pode aprobar “sen financiamento”. Así, a Xunta destinará a este apartado 74 millóns mais que no ano 2009, o que supón un incremento do 45%.

**Recuperar a confianza **
Por último, o presidente da Xunta quixo resaltar a elaboración destes presupostos coa meta clara de lograr devolver a confianza aos diferentes membros do mercado: “O principal obxectivo destes presupostos é recuperar a confianza: recuperar a confianza dos cidadáns, dos consumidores e das empresas. Recuperar a confianza nas contas públicas e o que nos leva a presentar estes presupostos”.

Para logralo, Feijóo recordou que o Goberno mantivo numerosas reunións cos distintos colectivos, “coas organizacións sindicais, coas organizacións empresarias e cos grupos parlamentarios”. E destacou que esta postura de diálogo segue en pe: “Seguimos abertos, agora que cumprimos a nosa obrigación de propoñer un texto, ás organizacións sindicais, empresariais e ao resto dos grupos parlamentarios. Nun momento excepcional da nosa economía é necesario buscar todo o que de certo se poida concretar na lei, e buscar todos os acertos posibles para, entre todos, acertar cos recursos que ten a súa disposición a nosa comunidade”.

“Sabemos –rematou Feijóo- que estes presupostos están feitos para loitar contra unha profunda recesión económica. Por iso non nos imos mover do realismo e da austeridade comprometidas: non imos a dicir o que non esteamos seguros de que podemos facer. Son uns orzamentos para loitar contra o primeiro problema da sociedade galega, que é a recesión económica, a crise e o desemprego. Son, polo tanto, uns presupostos para recuperar a confianza nas contas públicas, e invitamos a todos a participar, a todos os que queiran aportar, coas cantidades que temos dispoñibles, para manter a cohesión social e diminuír a caída do emprego en Galicia”.

Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!