
O Goberno galego impulsa as políticas de cohesión social e aposta por uns servizos públicos máis eficientes e cercanos
O 56% do orzamento está destinado a políticas sanitarias e educativas
As contas reflexan un compromiso ca dependencia, con 239 millóns de euros, un 45% máis, que xerarán 3.300 novos empregos
O Plan Move contará con 400 millóns de euros en estradas para converter Galicia nunha cidade única
O Xacobeo será unha prioridade e terá un impacto económico duns 260 millóns de euros
A Xunta prioriza a economía do coñecemento con 10 millóns de euros máis e o I+D+i tamén medra
O Executivo sube un 1% os investimentos e baixa máis dun 20% os gastos de funcionamento da Xunta e un 1% o gasto corrente
Contén os gastos de persoal e limita a suba a un terzo da rexistrada os últimos anos
O orzamento 2010 inclúe 47 novas entidades e transparenta 137 millóns de euros máis
O PIB galego medrará un 0,2% e recuperará taxas positivas en 2010
A Xunta esgotará a súa capacidade de endebedamento, ata 1.521 millóns de euros, para garantir investimentos produtivos e non subirá a presión fiscal dos cidadáns
A mala xestión da tesourería do anterior Goberno fai que Galicia teña que amortizar 515 millóns de euros, máis do dobre que en 2009
A Xunta entrega no Parlamento uns orzamentos solidarios, eficientes e investidores para seguir converxendo e volver crecer
Santiago, 19 de outubro de 2009.- **A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, entregou hoxe á presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo, o Proxecto de Lei de Orzamentos da comunidade autónoma para o ano 2010, unhas contas solidarias, eficientes e investidoras co obxectivo de que Galicia siga converxendo e mellorando a súa competitividade para poder volver crecer o vindeiro ano.
O gasto non financeiro para o vindeiro exercicio ascenderá a 11.052,1 millóns de euros, un 3,3% menos que no ano 2009; mentres que o orzamento consolidado será de 11.686 millóns de euros. Non obstante, hai que ter en conta que a mala xestión da tesourería do anterior Goberno provoca que a comunidade teña que amortizar débeda en 2010 por 515 millóns de euros, máis do dobre que o ano anterior.
O Goberno galego impulsará as políticas de cohesión social e apostará por uns servizos públicos máis eficientes e cercanos, así como por actuacións anticíclicas e de reforzo dos sectores produtivos para iniciar a recuperación económica. A estimación da Xunta é que o PIB medre un 0,2% en 2010, medio punto por riba da previsión do Goberno central.
As grandes prioridades de gasto serán a sanidade, con 3.728 millóns de euros; a educación, con 2.383 millóns; a dinamización económica, con 745 millóns; a cohesión e o benestar social, con 577 millóns; a mobilidade e infraestruturas, con 503 millóns; as políticas activas de emprego, con 386; e a economía do coñecemento, con 185 millóns de euros.
As políticas sanitarias engloban o 34% do orzamento co obxectivo de situar ao paciente como centro dun sistema sanitario máis áxil, eficiente e equitativo. En 2010 comenzará a construírse o novo Hospital de Vigo e finalizarase o de Lugo. Ademais, acabarán a II fase do Chu A Coruña, a III fase do Arquitecto Marcide de Ferrol, a II fase do Hospital de Ourense e o Plan Director do Hospital de Salnés, mentres se inicia a III Fase do Chu A Coruña.
Para educación resérvase o 22% do orzamento, cunha especial aposta polo galego e a atención á aprendizaxe de idiomas no estranxeiro. Tamén está previsto mellorar o éxito escolar de 6.000 alumnos e potenciar os centros integrados de formación profesional.
**Compromiso coa dependencia**
As contas autonómicas reflexan un compromiso ca dependencia, cun total de 239 millóns de euros, un 45% máis de recursos, que permitirán xerar 3.300 novos emprego. Así, haberá 98,8 millóns de euros para libranzas; 90,8 millóns para residencias; 23,1 millóns para axuda no fogar; e 17,7 millóns de euros para centros de día.
Este esforzo tamén se aprecia cas universidades e cos concellos, pois as universidades galegas recibirán un financiamento adicional de 28,2 millóns de euros e os municipios da comunidade unha partida adicional de 18,3 millóns de euros.
Para a Xunta a economía do coñecemento tamén é unha prioridade en tempos de restricións orzamentarias e incementará as súas partidas en 10 millóns de euros, ata os 185, mentres que o I+D+i igualmente aumenta os seus fondos un 0,3%, ata os 159 millóns de euros.
O Plan Move disporá de 400 millóns de euros en actuacións en estradas co fin de mellorar a accesibilidade ás cidades, aos espazos urbanos e ás grandes áreas industriais e loxística no obxectivo primordial de converter a Galicia nunha cidade única.
O Xacobeo terá un protagonismo especial nos orzamentos de 2010 e contará cunha partida específica de 43 millóns de euros, que será complementada con actuacións e recursos adicionais da maioría de consellerías da Xunta. O Goberno galego estima que o impacto do Ano Santo na economía galega rondará os 260 millóns de euros.
A pesar da caída dun 12% dos ingresos non financeiros, o capítulo VI de investimentos reais crecerá un 1% grazas ao recurso á débeda e a fórmulas de financiamento específicas, extraorzamentarias, que permiten situar en 1.520 millóns de euros este capítulo investidor. A Xunta esgotará ao máximo a súa capacidade de endebedamento para completar esta aposta polo investimento produtivo, que materializará sen subir a presión fiscal sobre os cidadáns.
Pola contra, o Executivo autonómico baixa máis dun 20% os gastos de funcionamento da Xunta e un 1% o gasto corrente, mentres contén os gastos de persoal e limita a suba a un terzo da que se viña contabilizando nos pasados exercicios.
Finalmente, o orzamento para o ano 2010 inclúe 47 novas entidades, que pasará así a ter control polo Parlamento galego e que permitirá transparentar 137 millóns de euros máis de recursos públicos.
- Sanidade
- Educación
- Políticas activas de Emprego
- Cohesión e benestar social
- Movilidade e Infraestructuras
- Economía do coñecemento
- Dinamización económica












