Esta declaración de accesibilidade está referida a todos os contidos amosados na web informativa dos Orzamentos 2011 da Comunidade Autónoma de Galicia.
Este sitio web deseñouse coa intención de que puidesen acceder ao mesmo o meirande número posible de persoas. Con este fin seguíronse as directivas de accesibilidade para o contido web da WAI (Iniciativa de accesibilidade na Web) do W3C.
Estas directivas organízanse en niveis, do xeito seguinte:
[Prioridade 1]
Unha persoa que desenvolva contido Web debe satisfacer este punto de verificación. Doutro modo, será imposible que un ou varios grupos accedan á información do documento. Satisfacer este punto é un requirimento básico para que algúns grupos podan usa-los documentos Web.
[Prioridade 2]
Unha persoa que desenvolva contido Web debería satisfacer este punto. Doutro modo, será difícil que un ou varios grupos accedan á información do documento. Satisfacer este punto eliminará barreiras significativas para acceder aos documentos Web.
[Prioridade 3]
Unha persoa que desenvolva contido Web pode cumprir este punto. Doutro modo, será en maior ou menor grao difícil que un ou varios grupos accedan á información do documento. Satisfacer este punto mellorará o acceso aos documentos Web.
De acordo con isto, defínense 3 niveis de cumprimento do documento:
Nivel de cumprimento "A": Satisfácense tódolos puntos de comprobación de Prioridade 1.
Nivel de cumprimento "Dobre A": Satisfácense tódolos puntos de comprobación de Prioridade 1 e 2.
Nivel de cumprimento "Triple A": Satisfácense tódolos puntos de comprobación de Prioridade 1, 2 e 3.
O sitio web cumpre as "Directrices de accesibilidade ao Contido Web 1.0" da W3C, dispoñibles en http://www.w3.org/TR/1999/WAI-WEBCONTENT-19990505, nivel Dobre A.
Conformidade co Nivel 'Dobre A' das Directrices de accesibilidade ao Contido Web 1.0
Así mesmo, cúmprense gran parte dos puntos de comprobación do nivel Triple A.
Estas son algunhas das características do sitio web que axudan a mellorar a accesibilidade:
Aspecto visual
Varios
Ligazóns
Teclas de acceso
A meirande parte dos navegadores permiten o uso das teclas de acceso para ir directamente a certas partes da páxina ou a certas ligazóns. En windows, deberase premer ALT + tecla de acceso, en Macintosh, Control + tecla de acceso. Neste sitio web están definidas as seguintes teclas de acceso:
Data da última revisión
A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal realizouse con data do 20/04/2011.
Funcionamento do sitio web
Empréganse os mesmos mecanismos de navegación en todo o sitio web: