Xunta de Galicia- Consellería de Facenda

Plan Estratéxico 2010 - 2014 (2020)

Obxectivo Global: Crecemento Sustentable e Creación de Emprego, Aumentando a Cohesión Social e o Equilibrio Territorial

O Plan parte dunha reflexión prospectiva a longo prazo, na que se identifican os retos que Galicia afrontará no futuro, resumidos en tres grandes grupos: o problema demográfico, a competitividade da economía e o respecto medioambiental e aproveitamento enerxético. Descargar documento

Eixes de Actuación e Obxectivos Estratéxicos

O Plan asume como obxectivos e prioridades propias os principios orientadores da estratexia económica da Unión Europea, se formulan a partires dun crecemento económico sostido por tres prioridades: crecemento intelixente, crecemento sostible, crecemento integrador. Descargar documento

Eixe 1: Cohesión Social, Benestar e Calidade de vida

Piar sobre do que se asentan as prestacions de servizos esenciais para garantir o benestar social, a igualdade de acceso aos servizos públicos básicos de calidade na sanidade, educación e atención á dependencia. Descargar documento

Eixe 2: Dinamización Económica, Crecemento e Emprego

Implicación no apoio aos sectores produtivos, á creación de riqueza, á mellora de da competitividade, á preparación dos cidadans, as apostas pola valía persoal e profesional. Postos de traballo de calidade, competitivos e permanentes. Descargar documento

Eixe 3: Economía do Coñecemento

Galicia proponse impulsar a economía do coñecemento aplicada ás necesidades do tecido empresarial da rexión, investindo de xeito eficaz naqueles elementos do Sistema de Innovación que maiores vantaxes e rendemento podan achegar á economía. Descargar documento

Eixe 4: Sustentabilidade Ambiental e Equilibrio Territorial

Galicia ten que converter o seu territorio na mellor é maís valiosa das suas ventaxas comparativas. Descargar documento

Eixe 5: Administración Austera, Eficiente e Próxima ao Cidadán

Impulsar reformas administrativas que eliminen trabas á iniciativa emprendedora, prioricen a austeridade e racionalidade do gasto administrativo e garantan os principios do mérito e capacidade no acceso á función pública. Descargar documento

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Consellería de Facenda
Aviso Legal | Atendémolo/a
RSS Pode subscribirse ás novidades desta
web cun lector de feeds