Volver ao contido

Notas de prensa

« Atrás

‘Sofía’ substitúe a ‘Noa’ como nome máis frecuente das nenas nadas no 2016, e ‘Martín’ continúa en primeiro lugar nos nenos

‘Sofía' substitúe a ‘Noa' como nome máis frecuente das nenas nadas no 2016, e ‘Martín' continúa en primeiro lugar nos nenos

  • O IGE publica hoxe a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos' correspondente ao ano 2016
  • Os nomes máis frecuentes entre as nenas nadas en Galicia o ano pasado foron Sofía, Noa, Sara, Martina e Alba
  • En canto aos masculinos, destacan Martín, Mateo, Hugo, Lucas e Pablo
  • Na actualidade tamén sobresaen nomes galegos como Uxía, Lía, Anxo ou Brais

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2017.- O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de publicar hoxe a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos' correspondente ao ano 2016, que reflicte que ‘Sofía' substitúe a ‘Noa' como o nome máis frecuente para a nenas, mentres que ‘Martín' se mantén no primeiro posto entre os nenos ao igual que no 2015.

Os nomes de mulleres máis frecuentes no ano 2016 foron o de ‘Sofía', ‘Noa', ‘Sara', ‘Martina' e ‘Alba', na súa maioría curtos e de dúas sílabas. Se se compara co 2015, ‘Alba' desaparece e ‘Daniela' pasa a estar incluído na lista dos cinco primeiros nomes. Pola contra, se se establece unha comparativa co ano 2006, ‘Sara' é o único que coincide e ademais ocupa a mesma posición.

En canto aos nomes masculinos, a estatística mostra que os cinco nomes máis frecuentes o ano pasado eran ‘Martín', ‘Mateo', ‘Hugo', ‘Lucas' e ‘Pablo' e destacan os nomes bíblicos ou de orixe cristiá. A mesma comparativa co 2015 mostra que nese ano, ‘Lucas' desaparece da listaxe e aparece ‘Daniel'. Con respecto ao 2006, os únicos nomes que coinciden son ‘Hugo' e ‘Pablo'.

Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como entre 2015 e 2016, tanto no caso das nenas como dos nenos todos os nomes coinciden agás dous. No 2016 suben á lista ‘Julia' e ‘Lía' e desaparecen ‘Sabela' e ‘Iria'; e no caso dos homes, ‘Xoel' e ‘Antón', presentes entre os 20 primeiros no 2015, son substituídos por ‘Mario' e ‘Marco'. Ademais, na actualidade medra a tendencia a empregar nomes galegos tanto para as nenas (‘Noa', ‘Uxía', ‘Lía' ou ‘Antía') como para os nenos (‘Anxo', ‘Brais' ou ‘Iago').

A estatística pódese consultar no seguinte enlace:
https://www.ige.eu/igebdt/selector.jsp?COD=2245&paxina=001&c=0201002001

Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación
No 2015, o IGE publicou a ‘Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación' a través da cal se podía por primeira vez, coñecer a evolución histórica dos nomes en función da localidade, o xénero ou a década (dende antes de 1930 ata a década actual).

Esta estatística ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome.

 

NOMES MÁIS FRECUENTES EN 2015 E 2016

 

 

NENOS

 

NENAS

 

2016

2015

 

2016

2015

 

 

 

 

 

 

1

MARTIN

MARTIN

1

SOFIA

NOA

2

MATEO

HUGO

2

NOA

MARTINA

3

HUGO

MATEO

3

SARA

DANIELA

4

LUCAS

PABLO

4

MARTINA

SOFIA

5

PABLO

DANIEL

5

ALBA

SARA

6

DANIEL

LUCAS

6

DANIELA

LUCIA

7

MANUEL

LEO

7

LUCIA

ALBA

8

LEO

MANUEL

8

VALERIA

CARLA

9

ENZO

ADRIAN

9

CARLA

PAULA

10

ADRIAN

DIEGO

10

CARMEN

VALERIA

11

IZAN

IZAN

11

VERA

MARIA

12

DIEGO

ENZO

12

LARA

VERA

13

ALEJANDRO

ALEJANDRO

13

JULIA

UXIA

14

GAEL

ALEX

14

PAULA

SABELA

15

MARIO

BRAIS

15

VALENTINA

EMMA

16

MARCO

GAEL

16

EMMA

CARMEN

17

ANXO

IAGO

17

UXIA

VALENTINA

18

BRAIS

XOEL

18

LIA

ANTIA

19

IAGO

ANTON

19

MARIA

IRIA

20

ALEX

ANXO

20

ANTIA

LARA