Volver ao contido

Notas de prensa

« Atrás

A Xunta adxudica o proxecto para transformar a antiga delegación de Sanidade na Coruña no Espazo Público Amizar

A Xunta adxudica o proxecto para transformar a antiga delegación de Sanidade na Coruña no Espazo Público Amizar

  • O importe de adxudicación ascende a 110.253,99 euros
  • O proxecto será realizado pola UTE Manuel Vázquez Muiño-Iglesias e Veiga Arquitectos SLP
  • O Goberno galego rehabilitará os dous inmobles que compoñen a antiga delegación, situados na rúa Gregorio Hernández


Santiago de Compostela, 11 de abril de 2018.- A Xunta acaba de adxudicar o proxecto de rehabilitación integral da antiga sede da Consellería de Sanidade na cidade da Coruña á ‘UTE Manuel Vázquez Muíño-Iglesias e Veiga Arquitectos SLP', por un importe de 110.253,99 euros. Esta actuación transformará no novo Espazo Público Amizar os dous edificios que conforman a anterior delegación –o edificio ‘prisma' e o edificio ‘óvalo'-, situados ambos na rúa Gregorio Hernández.


A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, licitou a finais de outubro o proxecto de rehabilitación integral da antiga delegación –que na actualidade se atopa en desuso– cun orzamento de 138.182,93 euros. A admisión de propostas rematou o pasado mes de novembro e o prazo de execución do proxecto é de seis meses.


O novo Espazo Público Amizar, no que a Xunta de Galicia prevé investir máis de cinco millóns de euros, vai poñer a disposición da veciñanza uns 5.500 metros cadrados de espazos públicos para ofrecer mellores servizos e xerar novas oportunidades. Ademais, permitirá aproveitar os recursos da Administración para crear un novo espazo público.


O Espazo Amizar contará cunha área para apoiar á cidadanía a través das dependencias de xuventude, menores ou inclusión; disporá tamén de dependencias dedicadas á formación e o emprego; dun espazo para traballar pola cidade nas dependencias administrativas; e dun amplo espazo para as asociacións socio-sanitarias desta cidade.


Este proxecto permitirá poñer en valor o patrimonio propiedade da Comunidade Autónoma -en liña co Plan Patrimonial da Xunta de Galicia- aproveitando os edificios singulares de carácter singular coma a antiga delegación, modernizando os inmobles e poñéndoos de novo ao servizo da cidadanía.