A Xunta aumenta un 10% a Oferta de Emprego Público na Administración Xeral, que permitirá convocar 789 prazas
- A Xunta esgota ao máximo un ano máis os límites fixados pola Administración do Estado a través das taxas de reposición
- Os servizos sociais contarán con 180 prazas nas áreas de enfermaría, educadores, traballo social, terapia ocupacional e auxiliares de clínica
- Outras 105 prazas céntranse no servizo de prevención e extinción de incendios
- A oferta tamén inclúe 32 prazas para a área de seguridade e saúde no traballo
- Do total, 639 prazas serán de acceso libre e a elas poderá opositar calquera persoa
- 150 prazas correspóndense coa promoción interna, o que permitirá aos empregados públicos ascender a postos de traballo de maior categoría e salario
- 68 prazas resérvanse para persoas con discapacidade, con 18 exclusivamente para a discapacidade intelectual
O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto de Oferta de Emprego Público (OEP) de 2017 no eido da Administración Xeral, que permitirá a convocatoria de 789 prazas, o que supón incrementar nun 10% as prazas ofertadas no ano anterior (714). Ademais, é a oferta de emprego público máis elevada dende o ano 2008.
A OEP de 2017 esgota un ano máis os límites fixados polo Estado a través das taxas de reposición de efectivos públicos, e estará centrada en dous grandes áreas, os servizos sociais e o servizo de prevención e extinción de incendios, aínda que tamén inclúe prazas nos corpos xerais da Administración e noutras eidos prioritarios para a Xunta, como a seguridade e a saúde no traballo.
No eido dos servizos sociais a OEP incluirá 180 prazas, todas de acceso libre. A oferta de emprego permitirá aumentar a estabilidade laboral desta área e mellorar a prestación do servizo, a través de oposicións nas especialidades de enfermaría, educadores, traballo social, terapia ocupacional e na escala de auxiliares de clínica.
Ademais, a Administración galega inclúe outras 105 prazas de bombeiro forestal para o servizo de prevención e extinción de incendios, das que 55 pertencen á especialidade de emisorista-vixiante fixo e outras 50 á especialidade de persoal condutor. Todas estas prazas son de acceso libre e non esixirán titulación específica.
Deste xeito, a Xunta dá cumprimento aos acordos asinados entre a Administración galega e as organizacións sindicais, que establecían a reserva dun mínimo do 20% das prazas para persoal funcionario incluídas nas ofertas de emprego para os servizos sociais, e outro 20% para reforzar os servizos de prevención e extinción de incendios.
Seguridade e saúde laboral
Ademais, a Xunta convocará 32 prazas de especialistas en seguridade e saúde no traballo, con prazas de especialistas en seguridade no traballo, en hixiene industrial, en ergonomía e psicosocioloxía aplicada e na escala técnica de saúde laboral. A oferta de 2017 tamén inclúe 76 prazas de persoal funcionario en corpos xerais da Administración: A1, A2, C2 e agrupación profesional de persoal subalterno.
En canto ao persoal laboral, a oferta de emprego público aprobada hoxe inclúe 213 prazas repartidas entre os cinco grupos que conforman a estrutura dos cadros de persoal laboral na Administración galega. En total, as prazas repártense entre 27 categorías distintas, todas elas son de acceso libre e forman parte do proceso de consolidación de persoal laboral establecido no convenio laboral vixente.
Promoción interna e discapacidade
A Oferta de Emprego Público para 2017 tamén inclúe outras 150 prazas reservadas á promoción interna para persoal funcionario, o que permitirá aos empregados públicos ascender a un posto de maior categoría e salario sempre que reúnan os requisitos e superen o correspondente proceso selectivo.
Finalmente, no total de prazas incluídas na OEP figuran 68 prazas reservadas para persoas con discapacidade. Desta cantidade, 50 prazas resérvanse para persoas con discapacidade xeral e 18 para persoas con discapacidade intelectual.
PRAZAS OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO ADM.XERAL 2017:
|
| Prazas |
ACCESO LIBRE |
PERSOAL FUNCIONARIO:
|
|
Corpo Superior (subgrupo A1) | 8 | |
Corpo de Xestión (subgrupo A2) | 15 | |
Corpo Auxiliar (subgrupo C2) | 41 | |
Agrupación Profesional de Persoal Subalterno | 12 | |
Escala de técnicos facultativos de Servizos Sociais (enfermaría, educadores, traballo social e terapia ocupacional) | 110 | |
Escala de auxiliares de clínica | 70 | |
Bombeiros Forestais: emisorista/vixiante fixo | 55 | |
Bombeiros Forestais: Persoal condutor | 50 | |
Escalas de Seguridade no traballo e Saúde laboral | 32 | |
Escala de Veterinarios | 25 | |
Escala superior de Estatística | 5 | |
Enxeñería Técnica de Obras Públicas | 2 | |
Enxeñería de Camiños, Canais e Portos | 1 | |
TOTAL PERSOAL FUNCIONARIO | 426 | |
PERSOAL LABORAL:
|
| |
Grupo I (9 categorías) | 119 | |
Grupo II (4 categorías) | 37 | |
Grupo III (7 categorías) | 29 | |
Grupo IV (6 categorías) | 25 | |
Grupo V (1 categoría) | 3 | |
TOTAL PERSOAL LABORAL | 213 | |
PROMOCIÓN INTERNA |
PERSOAL FUNCIONARIO:
|
|
Corpo Superior (subgrupo A1) | 10 | |
Corpo de Xestión (subgrupo A2) | 50 | |
Corpo Administrativo (subgrupo C1) | 70 | |
Corpo Auxiliar (subgrupo C2) | 20 | |
TOTAL PERSOAL FUNCIONARIO | 150 | |
|
TOTAL OFERTA DE EMPREGO 2017 |
789 |