Volver ao contido

Notas de prensa

« Atrás

A Xunta inicia mañá o horario de verán para os seus traballadores, que terá continuidade ata o 15 de setembro

A Xunta inicia mañá o horario de verán para os seus traballadores, que terá continuidade ata o 15 de setembro

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017.- O horario de verán para os traballadores da Xunta de Galicia comezará mañá, 16 de xuño, e concluirá o próximo 15 de setembro. Esta medida tómase cada ano co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos empregados públicos.

 

Entre as dúas datas referidas -ambas inclusive- os traballadores da Administración Xeral da Xunta deberán realizar seis horas diarias continuadas de traballo entre as oito de mañá e as tres da tarde, fronte ás sete horas e media que establece o horario oficial. O cálculo do cumprimento da xornada laboral será en cómputo diario.

 

Este horario de verán beneficia tanto aos empregados públicos acollidos ao réxime de flexibilidade automática como aos que teñen autorizada a flexibilidade por conciliación, sendo necesario o cumprimento da xornada laboral en cómputo diario, agás no caso da conciliación onde o cumprimento será en cómputo mensual.