Volver ao contido

Notas de prensa

Case 400 traballadores da Xunta participarán nas oposicións de promoción interna para persoal laboral

Case 400 traballadores da Xunta participarán nas oposicións de promoción interna para persoal laboral

  • As 266 prazas convocadas pertencen a categorías coma auxiliar de enfermaría, bombeiro forestal ou camareiro-limpador
  • Estas oposicións permiten aos empregados públicos acceder a un posto de maior categoría ou doutra categoría que se adapte mellor ás súas preferencias

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2018.- Un total de 379 traballadores da Xunta de Galicia participarán nas oposicións de promoción interna dirixidas a persoal laboral fixo da Xunta, segundo establecen as resolucións publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia pola Consellería de Facenda. As 379 persoas admitidas nestes procesos selectivos aspiran a unha das 266 prazas que oferta a Administración galega.

As oposicións de promoción interna están reservadas a empregados públicos que xa teñen praza na Administración, e que queren acceder a un posto de maior categoría ou a un posto doutra categoría que se adapte mellor ás súas preferencias, sempre que reúnan os requisitos e superen o correspondente proceso selectivo. Con estas oposicións, a Xunta de Galicia garante o dereito dos empregados públicos á súa promoción profesional.

En concreto, nestes procesos selectivos a Xunta de Galicia ofertou prazas no grupo IV para as seguintes categorías: auxiliar de enfermaría, 96 prazas; e bombeiro forestal condutor de motobomba, 30 prazas.

No grupo V, 76 prazas corresponden á categoría de camareiro-limpador/axudante de cociña; 22 á de bombeiro forestal; 22 á de bombeiro forestal condutor; 10 á de vixilante fixo de defensa contra incendios forestais; e 10 á de emisorista de defensa contra incendios forestais. Das 266 prazas convocadas, 16 están destinadas a persoas con discapacidade (nove de auxiliar de enfermaría e sete de camareiro/a-limpador/a/axudante de cociña).

A relación de persoas admitidas poderase consultar no portal web corporativo da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal), así como a relación de persoas excluídas, con indicación da causa pola que non se admitiron que tamén sae publicada no Diario Oficial de Galicia.

Reclamacións e listas definitivas
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG, para reclamar ou emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións presentadas, a Dirección Xeral da Función Pública dará a coñecer as listas definitivas de admitidos e excluídos no DOG.

As convocatorias dos procesos selectivos para o ingreso pola quenda de promoción interna e cambio de categoría nos referidos grupos de persoal laboral fixo publicáronse no DOG o pasado 25 de setembro de 2017.

CATEGORÍA

GRUPO

PRAZAS

003 (auxiliar de enfermaría)

IV

96

033 (bombeiro forestal condutor

de motobomba)

 

IV

 

30

001 (camareiro-limpador /

axudante cociña)

 

V

 

76

14 (bombeiro forestal)

V

22

14 A (bombeiro forestal condutor)

V

22

10 B (vixilante fixo de defensa

contra incendios forestais)

 

V

 

10

10 C (emisorista de defensa

contra incendios forestais)

 

V

 

10

 

TOTAL                                

 

 

266