Volver ao contido

Notas de prensa

O Ministerio de Facenda volve situar a Galicia como a segunda comunidade que pagou máis rápido as súas facturas en agosto

O Ministerio de Facenda volve situar a Galicia como a segunda comunidade que pagou máis rápido as súas facturas en agosto

  • O período medio de pago en Galicia foi de 14,46 días, fronte aos 34,90 da media autonómica
  • A débeda comercial da Administración galega foi a máis baixa de España (0,10%) xunto ca de Murcia

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2020.- Galicia pechou o mes de agosto sendo a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas cun período medio de pago de 14,46 días, só por detrás de Murcia, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. 
 
Ao peche do mes de agosto, o período medio de pago de Galicia situouse en 14,46 días, 20 días inferior ao do conxunto das comunidades autónomas que foi de 34,90 días; e por debaixo do límite de 30 días que establece a normativa estatal. 
  
En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio de Facenda sitúan a Galicia como a comunidade con menor débeda comercial de España xunto con Murcia. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de agosto no 0,10%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,36%. A débeda comercial do conxunto de comunidades autónomas era de 3.938 millóns de euros, dos que 56 millóns –o 1,4%- corresponden a Galicia.

Os datos do Ministerio de Facenda volven ratificar que Galicia continúa neste 2020 entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. 
 

Período Medio de Pago – Agosto 2020 (*CCAA réxime foral)

Murcia

5,14

 

Castilla León

 28,78

Galicia

14,46

La Rioja

28,79

Canarias

18,51

Extremadura

29,54

Castilla-La Mancha

21,45

Navarra*

34,55

País vasco*

21,59

MEDIA CCAA

34,90

Andalucía

25,28

Aragón

39,47

Cantabria

25,47

Madrid

40,34

Asturias

27,39

Baleares

48,48

Valencia

27,66

Cataluña

49,26