Volver ao contido

Notas de prensa

Galicia pechou o ano 2018 sendo a Comunidade Autónoma que paga máis rápido as súas facturas, segundo os datos oficiais

Galicia pechou o ano 2018 sendo a Comunidade Autónoma que paga máis rápido as súas facturas, segundo os datos oficiais

  • O Ministerio de Facenda confirma que Galicia rematou o exercicio co período medio de pago máis baixo de España, 16,9 días
  • A media autonómica foi de 30 días, 13 máis que a media galega
  • A débeda comercial da Administración galega é a terceira máis baixa de España

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2019.- Galicia pechou o ano 2018 sendo a comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, xa que acadou no mes de decembro un período medio de pago de 16,9 días, o máis baixo de toda España segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda.

Deste xeito, o período medio de pago de Galicia mantívose 13 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días. Ademais, a media autonómica situouse en 30,05 días, 13 máis que a media rexistrada na Comunidade galega.

Os datos oficiais do Ministerio de Facenda inclúen desde o mes de abril unha nova metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores que se aplica a todas as autonomías. Pese a este cambio, Galicia leva dez meses consecutivos sendo a comunidade que paga con máis axilidade as facturas aos seus provedores.
 
En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 0,29%, a terceira máis baixa de toda España e inferior á media autonómica, que foi do 0,41%. Ao peche do exercicio a débeda comercial do conxunto das comunidades autónomas situouse en 4.926 millóns de euros, 182,3 millóns de Galicia.
 
Os datos do Ministerio de Facenda ratifican que Galicia é a comunidade autónoma que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.
 

Período Medio de Pago – Decembro 2018 (*CCAA réxime foral)

Galicia

16,9

 

Madrid

25,9

País Vasco*

18,1

TOTAL CCAA

30,0

Andalucía

22,5

Estremadura

32,3

Navarra*

23,0

Cataluña

34,1

Canarias

23,6

Murcia

35,4

Aragón

24,0

C.Valenciana

35,7

A Rioxa

24,2

Castela-A Mancha

38,2

Castela e León

24,2

Baleares

49,4

Asturias

24,2

Cantabria

77,4