Volver ao contido

Notas de prensa

Galicia consolídase como a comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

Galicia consolídase como a comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

  • O período medio de pago en Galicia sitúase en 13 días, fronte aos 34 de media autonómica
  • A débeda comercial da Administración galega tamén é a máis baixa de España

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2018.- Galicia consolídase como a comunidade autónoma que paga as súas facturas con máis axilidade, ao acadar un período medio de pago de 13 días, fronte aos 34 días de media autonómica, segundo os datos oficiais referentes ao mes de maio e publicados hoxe polo Ministerio de Facenda.

Ao peche do mes de maio, o período medio de pago de Galicia situouse 17 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal. Pola contra, a media autonómica situouse en 34 días, o que ratifica que Galicia está a aboar os seus pagamentos 20 días antes que o conxunto das comunidades.

Os datos do Ministerio de Facenda inclúen desde o mes de abril unha nova metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores que se aplica a todas as comunidades autónomas. Pese a este cambio, Galicia mantense un mes máis entre as comunidades que mellor pagan aos seus provedores.

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en marzo situouse no 0,07%, a máis baixa de toda España. Neste momento, a débeda comercial de Galicia é case a quinta parte que a da media autonómica (0,33%), logo de que Galicia conseguira reducir este indicador ata rebaixalo aos 46,5 millóns de euros.

Estes datos confirman que Galicia continúa neste 2018 entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 

Período Medio de Pago – Maio 2018 (*CCAA réxime foral)

Galicia

13,2

 

Castela-A Mancha

31,1

Andalucía

20,2

Media CCAA

33,7

País Vasco*

20,3

Murcia

34,7

Madrid

21,0

Cantabria

35,4

Canarias

21,8

A Rioxa

37,8

Navarra*

25,5

Aragón

38,0

Castela e León

27,1

Estremadura

42,7

Asturias

28,2

Cataluña

45,9

Baleares

28,8

Valencia

47,1