Volver ao contido

Notas de prensa

Galicia continúa entre as comunidades que pagan máis rápido aos seus provedores, 11 días antes que a media

Galicia continúa entre as comunidades que pagan máis rápido aos seus provedores, 11 días antes que a media

  • O período medio de pago en Galicia situouse en novembro nos 8,19 días
  • Galicia é a sétima comunidade que mellor paga as súas facturas
  • A Xunta logrou reducir a débeda comercial un 47% no último ano

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2018.- Galicia pechou o mes de novembro entre as comunidades autónomas que pagan máis rápido aos seus provedores, ao acabar o mes cun tempo medio de pago 11 días mellor que a media autonómica, segundo mostran os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda e Función Pública.

O período medio de pago de Galicia situouse en novembro en 8,19 días, mentres que a media autonómica foi de 19,73 días, é dicir, 11,54 días máis tarde que en Galicia. O informe elaborado polo ministerio mostra tamén que tres comunidades autónomas incumpriron en outubro o tempo máximo de pago de 30 días que establece a lexislación estatal.

Ademais, Galicia tamén ten mellorado de xeito notable no último ano o tempo de pagamento aos seus provedores. O período de pago en novembro de 2016 era de 23,98 días, o que supón que nun ano se teña reducido á terceira parte.

Deste xeito, Galicia consolídase un mes máis como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. En concreto, Galicia é a sétima comunidade –a quinta, excluídas as forais- que paga máis rápido aos seus provedores.

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en novembro situouse no 0,40%, por debaixo da media autonómica (0,49%). Ao mesmo tempo, Galicia conseguiu reducir este indicador un 47% no último ano, ata rebaixalo aos 246 millóns de euros.

Período Medio de Pago – Novembro 2017 (*CCAA réxime foral)

País Vasco*

(6,51)

 

Estremadura

15,16

Navarra*

(2,41)

Madrid

15,38

Andalucía

1,05

MEDIA CC.AA

19,73

Canarias

5,29

Cataluña

22,02

Asturias

6,21

A Rioxa

24,55

Castela e León

7,95

Murcia

29,93

Galicia

8,19

Baleares

31,42

Castela-A Mancha

10,21

Cantabria

40,68

Aragón

11,56

Valencia

53,80