Volver ao contido

Notas de prensa

Galicia continúa entre as Comunidades que pagan máis rápido aos seus provedores, 20 días antes que a media

Galicia continúa entre as Comunidades que pagan máis rápido aos seus provedores, 20 días antes que a media

  • É a cuarta comunidade que mellor paga, segundo o Ministerio de Facenda
  • Galicia volveu cumprir en agosto os obxectivos do plan Pago 10 da Xunta, axilizando os pagamentos das súas facturas
  • A débeda comercial baixou un 32% no último ano

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2017.- Galicia continúa entre as comunidades autónomas que pagan máis rápido aos seus provedores, ao pechar o mes de xullo cun tempo medio de pago 20 días inferior á media autonómica, segundo mostran os datos oficiais que vén de publicar o Ministerio de Facenda e Función Pública.
O período medio de pago de Galicia situouse en xullo en 3,1 días, mentres que a media autonómica foi de 23,2 días, é dicir, 20 días máis tarde que en Galicia. Deste xeito, Galicia consolídase como a cuarta comunidade que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Xunta.

Galicia continúa a cumprir os obxectivos do plan Pago 10, impulsado pola Xunta este ano e que ten como obxectivo situar o período medio de pago no entorno dos dez días. Ademais, o informe do Ministerio reflicte tamén que o período medio de pago de Galicia é agora 8,6 días inferior ao mesmo mes do ano pasado, o que evidencia unha importante mellora neste eido.
En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en xullo situouse no 0,37%, moi por debaixo da media autonómica (0,54%). Ao mesmo tempo, Galicia conseguiu reducir este indicador ata os 225,1 millóns de euros no último ano, un 32% menos.

 

Período Medio de Pago – Xullo 2017 (*CCAA de réxime foral)

País Vasco *

(6,8)

 

Aragón

17,4

Andalucía

(3,1)

Baleares

19,0

Navarra*

(2,3)

Estremadura

22,5

Galicia

3,1

Madrid

22,8

Asturias

5,0

Media CCAA

23,2

Castela e León

6,7

Cataluña

24,1

Castela-A Mancha

9,4

Cantabria

33,3

A Rioxa

  14,9

Valencia

52,4

Canarias

15,9

Murcia

59,9